Un bloqueo en omega traerá de volta o frío despois dunha fin de semana de alerta por tormentas

Treboadas manteñen en alerta a boa parte da xeografía galega, que se prepara para unha baixada de temperaturas a partir do luns

Frío e auga. Así serán os primeiros compases do acabado de estrear mes de maio, que se fará de rogar para traer a Galicia días solleiros e con altas temperaturas. Porque o panorama dos próximos días é de precipitacións e temperaturas baixas para a época do ano. Os culpables: unha nova borrasca fría e un bloqueo en omega no Atlántico norte.

Antes de que as temperaturas se esborrallen a partir do luns a valores máis propios de marzo que de maio, Galicia vivirá unha fin de semana pasada por auga. Tanto que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) mantén este venres un aviso amarelo por choivas intensas e tormentas que mesmo podería vir acompañadas de sarabiadas, unha alerta da que só escapa a Costa da Morte.

Publicidade

De cara ao sábado, tamén hai alertas activas por precipitacións tormentosas, pero está concentrada na provincia da Coruña e na Mariña luguesa. A situación provocada por unha nova fronte atlántica que entra no mediodía deste venres para deixar choivas en boa parte da península estabilizarase no domingo, aínda que será outro día pasado por auga con alternancia de posibles claros no ceo.

Maio de frío?

As temperaturas, que se moverán entre os 21 graos de máxima e os 10 de mínima por regra xeral, caerán de forma gradual a partir do luns. O responsable é o bloqueo en omega no Atlántico norte que, como explica Samuel Biener en Meteored, deixará á península na influencia da circulación do chorro polar.

Publicidade

Mapa atmosférico para o 7 de maio
Mapa atmosférico para o 7 de maio

Esta configuración atmosférica debe o seu nome a que o debuxo que deixa recorda á derradeira letra do alfabeto grego. Cando se produce, o chorro polar vese obrigado a bordear unha gran dorsal anticiclónica para baixar de novo de latitude. A partir do luns, península e Baleares quedan baixo o franco oriental da dorsal que fará descender as temperaturas.

Ventos do norte traerán unha masa de aire polar que provocará un baixón térmico, con mínimas por debaixo do 10 graos en Galicia e máximas que apenas se aproximarán aos 17 nos puntos máis cálidos. Será o comezo dun mes de maio que se prevé máis frío do habitual, segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, que conta con modelos que pintan un panorama de frío e choiva para as vindeiras semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla