As singulares imaxes do rescate dun golfiño nas Salinas de Ulló

O animal quedou varado pola baixamar e precisou da axuda dos servizos de emerxencia ata ser liberado á altura de Liméns

Os servizos de emerxencia rescataron a mañá do martes unha femia adulta de golfiño común. O cetáceo quedara varado pola baixamar nas Salinas de Ulló, en Vilaboa. Desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) consideran que podería deberse a un erro de navegación. Ás veces, están moi famentos e perseguen á súa présa ata que, cando se dan conta, están atrapados pola marea baixa.

Golfiño varado nas Salinas do Ulló, en Vilaboa.
Golfiño varado nas Salinas do Ulló, en Vilaboa. Cortesía: CEMMA.

Un aviso dunha persoa na zona logrou que os expertos chegasen a tempo para o seu coidado e traslado en camión ata o porto de San Adrián de Cobres. O animal presentaba algunhas feridas pero atopábase en bo estado. Coa colaboración do alcalde e coa do armador e da tripulación do bateeiro “Vidal Calvar”, liberárono á altura de Liméns. Só no primeiro trimestre do ano xa se rexistraron máis de 200 varamentos de cetáceos.

Publicidade

Golfiño no barco para o seu rescate.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro