Podcast | Como o IGFAE situou Galicia no mapa mundial da física de partículas

Escoita a conversación co director do centro, Carlos Salgado, co que viaxamos ao pasado e volvemos ao presente do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia, comezou a súa andaina en xullo de 1999. Nestes 26 anos de traxectoria logrou situarse como unha referencia internacional na física de partículas. En xuño deste 2025 inaugurou a súa nova sede, unha despregadura de laboratorios punteiros para continuar a facer ciencia de primeiro nivel. Neste episodio de GCiencia en colaboración co IGFAE falamos co director do Instituto dende 2016, Carlos Salgado, sobre o pasado e presente dun centro con futuro.


Escoita O podcast de GCiencia en todas as nosas plataformas de podcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser

Publicidade

Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

O físico Antón Baleato incorpórase ao IGFAE: “Quero axudar a construír rede e cultura científica en Galicia”

O cosmólogo creará o seu grupo de investigación no centro para impulsar o proxecto ACCELENS, beneficiado cunha Starting Grant

Do CERN ao Revenidas: a ciencia sobe ao escenario con máis de dez relatorios da man do IGFAE 

O festival acollerá por primeira vez en Galicia unha iniciativa que aposta por achegar a investigación á sociedade a través das palabras de trece investigadores nacionais e internacionais

O galego Antón Baleato logra unha Starting Grant para entender por que se acelera a expansión do universo

O cosmólogo incorpórase ao IGFAE para desenvolver o proxecto ACCELENS, que analizará datos procedentes do fondo cósmico de microondas e a distribución das galaxias