As 11 recomendacións que debes pór en práctica se te atopas cun cetáceo

A causa dos actos negativos fronte á presenza do arroaz Confi na Enseada de Corcubión, a CEMMA lanza aos bañistas unha serie de recomendacións para mellorar o benestar destes animais

O último encontro cun cetáceo en costas galegas foi con Confi, un solitario arroaz (Tursiops truncatus) presente, dende hai unhas semanas, na costa de Carnota, Dumbría, Corcubión e Cee. Dende entón, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) fai un seguimento para ver cal é o estado do animal. Con todo, esta ONG ten comprobado que as prácticas dos bañistas son moi negativas fronte ao exemplar, con faltas de respecto. Así, dende a organización, lanzan unha serie de boas prácticas e recomendacións para tratar con estes cetáceos.

A expectación arredor dunha destas especies por ducias e centos de persoas buscando o contacto directo resulta unha situación de acoso. É un acto que causa un grande risco para os bañistas do que non semellan ser conscientes: pode causar danos sen querer, e existe a posibilidade de contaxio de zoonose por contacto (vírica epidérmicas ou neumonía).

Publicidade

Ademais, estas actividades son constitutivas de delito e non están permitidas pola lexislación vixente de especies protexidas. Isto reflicte, entre outras leis e regulamentos, o Real Decreto 1727/2007 polo que se establecen medidas de protección dos cetáceos, impide bañarse con eles e considera esta actividade como ilegal e, por tanto, punible. Os arroaces son especies protexidas catalogadas de vulnerables no Listado de Especies Silvestres en Régimen de Protección Especial y Catálogo Español de Especies Amenazadas, así como no Catálogo galego de especies ameazadas.

As 11 recomendacións para tratar cun cetáceo

A pesar da soidade na que se atopa o arroaz Confi, segue a ser un animal salvaxe. Este pode ser observado dende a costa ou acompañando unha embarcación, mais sempre se debe manter unha distancia prudencial. Sen seguridade, os humanos poden causar danos na súa pel coas uñas, aletas ou outros elementos duros que estean en contacto.

Publicidade

A partir destas actitudes, a CEMMA establece unha serie de recomendacións para tratar cun cetáceo. Ás instalacións da organización pode trasladarse información sobre a presenza do cetáceo, consultas e incidencias. Convén atender a estas prácticas se se atopan no lugar de avistamento, mar, praia ou porto.

  • Non ofrecerlle nunca comida.
  • Non chamar a súa atención.
  • Non meterse intencionadamente NUNCA na auga ao seu carón.
  • Evitar o contacto físico.
  • Se estás na auga, non tratar NUNCA de tocalo nin de aproximar as mans.
  • Observalo a distancia sen achegarse, non entrar deliberadamente no seu radio de contacto.
  • Respectar a súa área restrinxida de descanso cando estea nun porto.
  • Diante dun comportamento incómodo pola súa parte, saír INMEDIATAMENTE da auga e afastarse do seu contacto.
  • Se estás nunha embarcación, non aproximarse nin interromper o seu comportamento.
  • Adoptar unha posición neutral e indiferente se se achega o animal mantendo o mesmo rumbo e velocidade.
  • Non cambiar de dirección ou velocidade de xeito brusco.

A situación de Confi

Dende 2019, a CEMMA puxo en marcha unha campaña de divulgación sobre protocolo de actuación e referencias legais a partir de carteis nas praias da ría de Muros-Noia, ademais de contar con equipos informadores para evitar o baño co arroaz. Finalmente, a organización tivo que eliminar esa liña de actuación, por insultos e vexacións dos usuarios das praias. Como consecuencia, o golfiño rematou por morder a unha bañista en Ordanda, Porto do Son, mandándoa a urxencias.

Ademais, a longo prazo, estes actos irresponsables van recaer nos profesionais da navalla. Cando os bañistas marchen ás súas casas ao rematar o verán, a causa do continuo contacto co arroaz, este vai seguir buscando humanos cos que contactar. Deste xeito, achegarase aos mergulladores profesionais da navalla interrompendo os seus traballos. Esta situación podería ter fatais consecuencias para o animal, que no ano 2022 xa recibiu un arponazo.

En base a todo o exposto, visto que esta situación se repite semana tras semana, a CEMMA solicita ás autoridades e forzas de seguridade que tomen as medidas pertinentes para evitar a situación. Polo contrario, a organización solicitará o peche ao baño das praias desta zona costeira que frecuenta o arroaz, coa fin de protexelo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

De Manoliño a Chilindrín: o tráxico final dos arroaces que marcaron a historia da costa galega

A desaparición de Confi e a súa posible morte deixa a comunidade sen o seu golfiño máis destacado, que nunca conseguiu unirse a unha manda

Do mar ao microscopio: a tecnoloxía punteira en Vigo para entender o que pasa no océano

Un equipo de 40 investigadores estuda como poden afectar as plantas de Zostera e o aumento da temperatura do mar nos ecosistemas mariños

Ollo na costa ante a chegada de tartarugas: que facer se nos atopamos con algunha

Cada ano chegan ás nosas praias ducias de caretta caretta, que nunca deben ser devoltas ao mar directamente porque adoitan atoparse nu estado crítico
00:00:39

Gravan unha moto de auga molestando arroaces na ría de Vigo

O vídeo, captado desde o peirao de Soutomaior, xa están en mans da Garda Civil para que investigue un posible delito