Unha rara especie de cetáceo vara na ría de Vigo

A CEMMA recolle mostras para analizar un exemplar de 'Kogia breviceps', un animal que non adoita frecuentar as augas galegas

Un exemplar xuvenil de cachalote pigmeo (Kogia breviceps) apareceu varado morto na ría de Vigo, o primeiro desta rara especie de cetáceo no que vai de ano. Segundo fontes da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), tratábase dun macho de dous metros que entrou vivo ata a enseada de San Simón. O lugar onde quedou varado caracterízase pola escasa visibilidade. Grazas á chamada dun home que paseaba pola zona, os servizos puideron achegarse para asegurar o estado do individuo.

A Kogia breviceps é unha especie oceánica asociada á corrente do Golfo, polo que a súa chegada a augas galegas é un feito inusual. Adoita vivir en augas profundas e non achegarse á costa. No lugar do achado recolléronse mostras deste raro exemplar coa fin de seguir coñecendo a especie.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

A historia das tartarugas que chegaron a Galicia tras o tren de borrascas e agora regresan ao mar

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños liberará a 'Tanxil' e 'Noetiña' fronte á ría de Vigo na embarcación 'Novo ollo do mar'