Confirmada a presenza en Galicia do verme invasor que devora mexillóns e ameixas

A planaria, unha especie orixinal de Nova Zelandia, foi detectada nas costas galegas a través dunha imaxe de 2022

Un verme potencialmente invasor xa está nas costas de Galicia. A planaria (Postenterogonia orbicularis), unha especie orixinal de Nova Zelandia, vén de ser detectada na ría de Ribadeo. Após a investigación que confirma por primeira vez en Europa a súa presenza en Asturias, un grupo de biólogos galegos certifica a súa chegada ao litoral da nosa Comunidade xa dende 2022.

Foi o biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo (A Mariña), quen localizou un dos primeiros exemplares. “Após a publicación asturiana a finais do pasado ano falei con Prieto porque podería ser o primeiro en atopar a planaria en Galicia, por proximidade, e efectivamente, así foi”, explica o científico do Grupo de Estudo do Medio Mariño Juan Trigo. Malia isto, a súa presenza nas costas galegas remóntase a 2022.

Publicidade

Segundo explica o experto, nun grupo de WhatsApp de biólogos das confrarías de pescadores galegas compartiuse unha imaxe deste verme en 2022. “No momento non se puido identificar con seguridade porque non tiñamos tantos datos como agora, pero despois de que se publicase o estudo realizado nas costas de Asturias, alguén lembrou esta fotografía e confirmamos que se trataba desta especie exótica“, detalla.

Así, a presenza deste verme con potencial invasor tamén se documenta noutras localizacións galegas. “Estamos a falar de exemplares soltos atopados no Vicedo ou en Cabana de Bergantiños. Concretamente, nesta zona da Costa da Morte, é de onde procede a imaxe de 2022“, explica Trigo.

Publicidade

Praga en Nova Zelandia

En Galicia aínda non se pode considerar unha especie invasora. “Malia que existe un perigo real de que se poida converter nisto, aínda é cedo para poder cualificala así, teremos que ver como evoluciona a súa presenza nas nosas costas”, indica o experto.

Pola contra, en Nova Zelandia, este verme xa é catalogado como praga debido aos problemas que carrexa para o entorno. No seu país de orixe están documentados os datos que provoca a planaria nas especies de mexillón (Mytilus galloprovincialis) —a típica de Galicia— e Perna canaliculus, e nas ostras Magallana gigas e Ostrea chilensis.

En Asturias, o estudo realizado por Ricardo López Alonso documentou exemplares en distintas localizacións da ría de Avilés e do porto de Xixón, aínda que con distinto impacto. “Sabemos que non estaba presente antes porque levamos facendo mostraxes desde 2021”, explica no seu traballo.


Referencia: A new threat to the European marine environment: The exotic polyclad flatworm Postenterogonia orbicularis (Schmarda, 1859), publicado en Regional Studies in Marine Science

Gloria Montenegro
Gloria Montenegro
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa andaina profesional en Faro de Vigo e Si Radio de Galicia. A súa experiencia profesional levouna polas redaccións de Nós Diario e Metropolitano.gal, mais tamén pola comunicación de festivais como Revenidas ou de grupos como Banda Crebinsky. Sempre cunha cámara de fotografía na man, retratou artistas como Rodrigo Cuevas ou Tanxugueiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla