Confirmada a presenza do mosquito tigre en Tui

O exemplar foi identificado por entomólogos tras unha notificación dun veciño a través dunha aplicación móbil

O mosquito tigre xa está en Tui. Así o confirmou a Rede Galega de Vixilancia de Vectores (Regavivec), da que tamén forman parte as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela. A identificación realizouse por parte dos entomólogos da rede tras unha notificación dun veciño de Tui a través da aplicación de ciencia cidadá Mosquito Alert.

Esta achega realizada a través da aplicación móbil foi esencial, unha vez máis, para que os especialistas en entomoloxía puidesen confirmar a presenza no concello. Desde a Regavivec, e en colaboración co Concello de Tui, ampliarase a vixilancia deste vector colocando trampas para avaliar a extensión e abundancia do mosquito tigre.

Publicidade

Tui xa é o terceiro concello no que avanza o mosquito tigre este ano, despois dos exemplares identificados en Bueu e en Mos. Súmanse así aos de Moaña, Vigo, Cangas, Redondela, O Porriño e Vilaboa como integrantes do comité técnico do mosquito tigre, que se convocará a finais deste mes.

Recomendacións ante o seu avance

Desde a Consellería de Sanidade agradécese a participación cidadá seguindo os consellos para evitar a proliferación deste insecto, que é vector de enfermidades como son o dengue, chikungunya ou Zika. Por iso, lembran que a maneira máis efectiva de evitar esta proliferación é impedir a posta de ovos e o crecemento das larvas. Para isto, hai pautas sinxelas como eliminar puntos de auga estancada en bebedeiros, pratos baixo macetas, caldeiros á intemperie ou embarcacións co seu simple baleirado ou coa renovación da auga cada 4-5 días, que poden axudar a frear o seu avance.

Publicidade

Para evitar as picadas do mosquito tigre aconséllase o uso de repelentes específicos que se poden atopar nas listaxes de produtos autorizados, ademais de recomendar vestir con manga e pantalóns largos e calzado pechado ou colocar mosquiteiros en portas e ventás. As picadas poden ser molestas e, nalgúns casos, producen reaccións alérxicas de certa gravidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mosquito tigre regresa a Galicia: primeiro exemplar do ano detectado en Redondela

O aviso dun veciño rexistrado na aplicación Mosquito Alert permitiu confirmar a presenza desta especie invasora grazas á marca branca do tórax

Detectado o mosquito tigre nos concellos de Salceda, Ponteareas, Sanxenxo e Nigrán

A aplicación Mosquito Alert incorpora novos avisos que confirman a expansión da especie no sur de Galicia e inclúe un rexistro probable en Gondomar

Onde están o mosquito tigre e o xaponés? Este é o mapa de todos os concellos afectados

O Aedes albopictus expandiuse este ano por Mos e Bueu e o Aedes japonicus penetrou por primeira vez en Galicia pola Fonsagrada e A Pontenova

Confirmada a presenza de larvas de mosquito tigre no concello de Mos

O municipio pontevedrés súmase aos de Moaña, Vigo, Redondela, O Porriño, Cangas, Vilaboa e Bueu, onde xa está introducida a especie