Galicia rexistrou un setembro frío e cun 30% menos de precipitacións do habitual

O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a media foi de 17,2 graos, o que supón 9 décimas menos do valor habitual neste período

O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que Galicia rexistrou o mes de setembro frío, e cun 30% menos de precipitacións do normal neste período.

En concreto, o pasado mes caracterizouse por unha primeira metade durante a que o territorio quedou na influencia de baixas presións que achegaban aire frío e inestabilidade, e unha segunda parte con situacións anticiclónicas máis frecuentes.

Publicidade

Nove décimas máis frío

No que respecta ás temperaturas, a media en setembro foi de 17,2 graos, 9 décimas menos do valor habitual neste período, o que significa que se tratou dun mes frío.

De feito, segundo os datos rexistrados en once estacións meteorolóxicas representativas, as desviacións medias das temperaturas mínima (-1 grao) e máxima (-0,8 graos) foron tamén inferiores aos valores normais neste mes. Máis polo miúdo, a media da temperatura mínima en Galicia en setembro foi de 10,5 graos.

Publicidade

Os valores máis baixos (5,6 graos e 7,2 graos) rexistráronse nas serras do Larouco, Queixa e Eixe, mentres que os más altos (entre 13,4 graos e 14,8 graos) localizáronse na costa oeste, sobre todo, na área da ría de Vigo.

En canto ás temperaturas máximas, a media foi de 21,9 graos. Na ribeira do Miño ourensá, nos Canóns do Sil e no val do Támega rexistráronse os valores máis altos (entre 25,7 e 27 graos) e os máis baixos (16,4 graos e 18,2 graos) déronse en Cabeza de Manzaneda.

Un 30% menos de chuvias

A precipitación media acumulada en Galicia no mes de setembro foi de 58 l/m2 e, segundo o valor medio das anomalías rexistradas nas 16 estacións meteorolóxicas representativas, isto supón un 30% menos do habitual neste período.

As cantidades de precipitación máis elevadas rexistráronse nas serras litorais con valores de entre 130 e 190 l/m2, mentres que os valores máis baixos (entre 5 e 20 l/m2) se localizaron na zona meridional da meseta de Lugo e no leste da provincia de Ourense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone