Que aves hai preto de ti? Esta é a ‘app’ que converte Galicia nun mapa para os amantes da ornitoloxía

A ferramenta eBird permite consultar as especies observadas e os puntos de maior interese, crear listas personalizadas e contribuír con novos rexistros

O proxecto EBird naceu a máis de 7.000 quilómetros de Galicia, no Laboratorio de Ornitoloxía da Universidade de Cornell (Estados Unidos). Trátase dunha aplicación dispoñible en Android e IOS que permite explorar aves e sitios preto de ti, onde sexa que vaias, a fin de recompilar todas as observacións paxareiras do usuario nun mesmo dispositivo. Por exemplo, se estás en Pontevedra, a ferramenta recolle unha distancia de 30 quilómetros, dende onde é posible contemplar 124 especies e visitar as 237 localizacións de interese ornitolóxica nas proximidades da ubicación, segundo datos dos últimos sete días.

O máis interesante é que podes navegar a través dun mapa interactivo no que aparecen os rexistros das observacións de aves —segundo a época do ano e a localización—, seguindo unha taxonomía mundial completa baseada na Lista Clement das Aves do Mundo. Funciona, ao mesmo tempo, como unha ferramenta de ciencia cidadá, xa que reúne a comunidade de paxareiros máis grande do mundo e os datos proceden das actualizacións dos propios usuarios.

Publicidade

Unha das funcionalidades máis útiles é a creación de listas personalizadas onde recompilar os nomes científicos e comúns, ademais das características, dos paxaros observados.

Casos prácticos en Galicia

O Esteiro da Foz é unha paisaxe que se atopa entre Nigrán e Baiona, e convértese no paraíso ideal para os amantes das aves en calquera época do ano. Segundo os detalles desta ubicación na app eBird, 44 especies foron observadas nos últimos sete días. Entre elas, destacan o lavando real (Anas platyrhynchos), o fuselo de rabo negro (Limosa limosa), o pilro tridáctilo (Calidris alba), o mazarico real (Numenius arquata) ou o ibis eremita (Geronticus eremita) —unha cita extremadamente rara en Galicia—.

Publicidade

Mentres, no interior da provincia da Coruña, nas proximidades de Melide e Palas de Rei, aparece a Lagoa de Quintas, onde se contemplaron 13 especies na última semana. Algunhas das máis destacadas son a cerceta eurasiática (Anas crecca), a garza real (Ardea cinerea), o buxato común (Buteo buteo) e a estreliña riscada (Regulus ignicapilla).

  • Exemplar de ibis eremita en Galicia. Foto: Gustavo Ferreiro | SEO/BirdLife
  • Lavando real ('Anas platyrhynchos'). Foto: Wikimedia Commons
  • Fuselo de rabo negro ('Limosa limosa'). Foto: Wikimedia Commons
  • Buxato común (‘Buteo buteo’). Foto: Wikimedia Commons
  • Estreliña riscada ('Regulus ignicapilla'). Foto: Wikimedia Commons

Así, eBird convértese na aplicación perfecta para quen adora a natureza, Galicia e, sobre todo, observar aves na paisaxe.


Coñece máis información sobre eBird na seguinte ligazón.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua