A estraña ave en perigo de extinción que naceu en Alemaña, escapou de Cádiz e agora viaxa por Galicia

O exemplar forma parte dun programa de conservación que promove a súa supervivencia e os seus desprazamentos entre diferentes territorios

A plumaxe negra, a cabeza pelada e vermella, e un pico longo e curvo son as características que identifican o ibis eremita (Geronticus eremita), unha especie considerada rexionalmente extinta segundo a Lista Vermella Europea de Aves 2021. Porrón, grazas ao Proxecto Eremita, centrado na súa reintrodución na provincia de Cádiz, comezaron a asentarse parellas reprodutoras, con exemplares nados xa en liberdade. Un destes individuos trasladouse ata Galicia e, aínda que non é reprodutor, deixa ver a súa singular fermosura na provincia da Coruña ou no Val Miñor, destinos aos que regresa ano. Segundo Gustavo Ferreiro, representante de SEO/BirdLife en Pontevedra, tamén se ten constancia doutro exemplar diferente na comunidade.

“Galicia pode ofrecer hábitats axeitados para alimentarse e vivir con comodidade, aínda que non tanto para reproducirse“, explica o ornitólogo. O ibis eremita adoita empregar repisas de cantís para aniñar e, aínda que en Galicia existen algúns espazos deste tipo en zonas costeiras, non son determinantes. Pola contra, si conta con áreas abertas para alimentarse, como prados ou descampados onde se achega ao gando para capturar insectos. “Adáptase a contornas preto de núcleos urbanos habitados”, sinala Ferreiro. O clima tamén inflúe: prefire temperaturas máis secas e suaves, malia que antes da súa desaparición habitaba zonas do norte de Europa.

A pesar da súa extinción en Europa, as maiores poboacións mantivéronse no norte de África, concretamente en Marrocos, con arredor de 700 individuos. Co cambio de enfoque dos zoolóxicos cara á conservación, puxéronse en marcha programas de cría en catividade en Austria e Alemaña e, dende 2003, tamén en España a través do Proxecto Eremita en Cádiz, coa colaboración da Junta de Andalucía e entidades como o Zoobotánico de Xerez. “O obxectivo é que volva existir no territorio de forma silvestre“, sinala o voceiro de SEO/BirdLife.

Exemplar reintroducido

O proceso reintrodución baséase na solta periódica de exemplares. “Como en todas as aves, existe unha elevada mortalidade nos primeiros anos de vida, polo que é necesario compensala”, sinala Ferreiro. Agora, o ibis eremita xa se reproduce de maneira natural, con parellas asentadas en Xerez da Fronteira. Con todo, o proxecto continúa para reforzar a poboación.

O exemplar visto en Galicia procede destas soltas, aínda que é orixinario dun zoolóxico alemán: “Foi un individuo novo que se pegou a viaxe ata aquí”. Este comportamento non é inusual: as aves máis novas tenden a dispersarse antes de regresar ás súas colonias de orixe ao acadar a madurez sexual. Porén, as súas viaxes tamén implican riscos: en agosto de 2019, catro exemplares foron abatidos por un cazador en Montemolín (Badaxoz), o que derivou nun ano de prisión, a perda do permiso de caza e pesca durante 35 meses e 20.000 euros de indemnización para a Junta de Andalucía. “O normal é que un cazador cace toda ave que sabe que pode disparar”, sinala Gustavo Ferreiro, incluídas nos catálogos rexionais.

Preto do ser humano

O ibis eremita é unha especie que adoita achegarse a núcleos de poboación, un comportamento que o ornitólogo galego nos considera o máis axeitado. “É perigoso para calquera especie”, subliña. Explica que, antes de soltar ao exemplar para poder reintroducilo, se evita o contacto directo con persoas para que non se alimente grazas á elas. Así, o exemplar de Galicia probablemente sexa unha ave moza, inexperta, que non relaciona ao humano cunha zona de perigo, a causa de ser criado en ambientes en catividade.

Que facer se vemos un exemplar?

Os primeiros pasos para conservar aves e, concretamente, o ibis eremita, son a sensibilización e información. Gustavo Ferreiro sinala que, se o sector da caza informase mellor aos cazadores de que especies se poden ou non cazar, poderían convivir co resto da fauna. Por outra banda, se es afortunado e tes a oportunidade de ver a este exemplar que sobrevoa Galicia, o máximo consello dende SEO/BirdLife é respetalo e non estresalo. “Se está nun tellado, probablemente estea alimentándose e rematará baixando”, sinala, e engade que “se o vemos nunha zona moi urbana, como un parque, é recomendable non levar ao can solto e non achegarse demasiado”.

Con todo, o caso deste exemplar galego trátase, en palabras de Gustavo Ferreiro, dunha “anécdota illada”. Ao aumentar as poboacións do sur, podería caber a posibilidade de que novos exemplares aparecesen por Galicia, dentro dun contexto de cambio climático, a longo prazo.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

2 COMENTÁRIOS

  1. Estamos “fartos” (encantados, en realidade) de ver o noso eremita polo Val de Miñor, de cando en vez. Agora levamos algún tempo sen velo, pero era habitual velo polos arredores da Ramallosa, moi respectado e admirado polos viandantes. O problema é que non lle tiña medo ningún aos coches (nin aos cristianos), polo que non é dificil que teña algún problema.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que se debe declarar o salmón en perigo de extinción en Galicia: isto din os expertos

Dende o ano 2000 apenas se capturan 55 exemplares de media anual nos ríos galegos, menos dunha décima parte ca hai cinco décadas

O mosquito tigre regresa a Galicia: primeiro exemplar do ano detectado en Redondela

O aviso dun veciño rexistrado na aplicación Mosquito Alert permitiu confirmar a presenza desta especie invasora grazas á marca branca do tórax

Unha tatuaxe para curar as uñas: a técnica galega para mellorar o tratamento das enfermidades ungueais

Un equipo da USC desenvolve un método minimamente invasivo que aumenta a eficacia terapéutica para patoloxías como a psoriase

Galicia e Portugal alíanse para impulsar unha asistencia sanitaria centrada no paciente

O proxecto NEW HEALTH promove unha rede transfronteiriza que integra innovación tecnolóxica, investigación avanzada e datos para mellorar a calidade asistencial