Os primeiros sapoconchos regresan ás Gándaras de Budiño tras a restauración do humidal

Os traballos ambientais realizados neste espazo protexido favorecen a conservación da fauna acuática ameazada

Oito exemplares de sapoconcho común (Emys orbicularis) están de volta nas Gándaras de Budiño, no Concello do Porriño, tras os traballos de restauración ambiental que se levaron a cabo neste humidal, incluído na Rede Natura 2000. En concreto, os traballos fixéronse para mellorar a dinámica hidrolóxica da lagoa, favorecendo a permanencia da auga durante todo o ano, permitiron recuperar a funcionalidade ecolóxica do humidal e garantir a continuidade das especies que dependen del. “Creamos un ecosistema máis equilibrado, resiliente e adaptado ás necesidades das especies propias das zonas húmidas”, subliñou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.

Así, este venres reintroduciuse na lagoa esta especie emblemática e moi vulnerable, incluída no Catálogo galego de especies ameazadas. Ten, ademais, un alto interese para a conservación da biodiversidade, asociada a humidais ben conservados e con abundante vexetación acuática. Neste ecosistema, o sapoconcho común atopa condicións adecuadas para o seu desenvolvemento, grazas á existencia dunha lámina de auga permanente, vexetación palustre e zonas tranquilas para a cría e refuxio. De feito, este espazo natural constitúe un enclave estratéxico para a súa conservación no sur da provincia de Pontevedra, funcionando como área de reprodución, alimentación e hibernación.

Publicidade

O proceso

A conselleira explicou que varias decenas de exemplares foron retirados da lagoa antes do inicio dos traballos e, agora, unha vez estabilizado o hábitat tras concluír as actuacións e finalizada a época de hibernación, procederase á súa reintrodución progresiva.

Deste xeito, o humidal das Gándaras de Budiño reforza o seu papel como hábitat esencial tanto para o sapoconcho común e aves acuáticas de interese, como a cerceta real (Anas crecca), que atopan neste espazo un lugar axeitado para alimentarse, reproducirse e refuxiarse ao longo do ano.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro