O mosquito tigre expándese por Galicia: detectado por primeira vez na Coruña

A Rede Galega de Vixilancia de Vectores sinala que é o único rexistro na zona norte da comunidade e súmase aos doce concellos do sur

O mosquito tigre (Aedes albopictus) foi detectado por primeira vez en Galicia no ano 2023, na parroquia morañesa de Tirán. Cada ano, a súa área de distribución expándese cada vez máis ao longo e ancho da comunidade. O concello da Coruña rexistra por primeira vez a presenza desta especie orixinaria do sueste asiático, segundo datos actualizados da Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec), converténdose no único rexistro da zona norte.

Engádese así aos doce concellos do sur nos que xa se coñece a súa presenza: Moaña, Vigo, Cangas, Redondela, Vilaboa, O Porriño, Tui, Mos, Bueu, Ponteareas, Poio e Salvaterra de Miño. Este ano, o primeiro exemplar foi detectado en Redondela.

Publicidade

Durante o 2025 rexistráronse 446 exemplares mediante a aplicación de ciencia cidadá Mosquito Alert. Fronte a posible ameaza, xa que o mosquito tigre pode actuar como vector de enfermidades como o zika, o dengue ou o chikungunya, en 2026 son 31 concellos os que participan na Rede Galega a fin de identificar os principais organismos transmisores de enfermidades.

Por que Galicia?

En Galicia, o mosquito tigre atopa un hábitat propicio para a súa supervivencia. As temperaturas suaves, xunto coa elevada humidade e as precipitacións frecuentes, favorecen a súa reprodución e expansión. Ademais, amosa unha clara preferencia polos espazos urbanos, onde adoita criar en pequenos depósitos de auga presentes en contornas domésticas. Esta é, de feito, unha das súas principais particularidades: utiliza recipientes e acumulacións de auga estancada de pequeno tamaño —como pratos de macetas ou bebedoiros de animais— para completar o seu ciclo reprodutivo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro