O lume a vista de paxaro: descubre como se combate un incendio dende o helicóptero

A conta da rede social X da Xunta de Galicia dedicada á prevención fronte ao fogo publica un vídeo sobre como loitan os medios aéreos contra as lapas

Coa temporada de perigo alto por lumes xa na porta, cómpre afinar as medidas de precaución e de actuación. De feito, nalgunhas zonas os medios de extinción están xa enfrontando os primeiros incendios forestais. Na loita contra as lapas é imprescindible a actuación coordinada de todos os operativos e, dentro dos mesmos, todos teñen un papel que executar con precisión. Neste contexto, os medios aéreos vólvense imprescindibles non só para apagar os focos activos, senón para outras tarefas asociadas á tipoloxía de cada helicóptero. Así o amosa a conta da rede social X @incendios085, dependente da Xunta de Galicia para informar sobre a prevención fronte aos lumes, a través dun vídeo sobre como os helicópteros son capaces de apagar as lapas. 

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico recolle, entre as principais misións destes vehículos, o lanzamento de auga e / ou substancias que retrasen o avance das lapas, a coordinación, observación e o transporte de personal. Igualmente, poden asumir tarefas de rescate cando a saída segura por terra é imposible para unha brigada de incendios forestais (BRIF).

Publicidade

O 085 —o teléfono gratuíto para avisar de lumes nos montes galegos— compartiu na súa conta de X, antes Twitter, un vídeo no que pode apreciarse como un helicóptero recolle auga no seu balde e a transporta ata o incendio. Os medios aéreos dispoñen de puntos fixos de recarga, pero tamén poden abastecerse en ríos, lagoas ou mesmo piscinas públicas e privadas, se a proximidade e perigosidade do incendio o requirira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

Así funciona a nova aplicación gratuíta para alertar dos lumes en Galicia

A Xunta presenta melloras tecnolóxicas como o lanzamento dun sistema de avisos cidadán e a incorporación de intelixencia artificial á rede de videovixilancia

Cal é o risco de incendio no teu concello? Descúbreo no novo mapa interactivo da AEMET

A ferramenta en liña combina variables meteorolóxicas con parámetros sobre o estado real do territorio para anticipar o perigo de incendios

Como de vulnerable é o teu fogar fronte a incendios forestais? Compróbao nesta aplicación

O proxecto europeo FIREPRIME lanza unha ferramenta gratuíta que permite medir o risco das vivendas fronte aos lumes