O mosquito tigre regresa a Galicia: primeiro exemplar do ano detectado en Redondela

O aviso dun veciño rexistrado na aplicación Mosquito Alert permitiu confirmar a presenza desta especie invasora grazas á marca branca do tórax

A primavera non chega só acompañada de bo tempo, senón tamén de insectos. Neste contexto, regresa o mosquito tigre: o primeiro caso do ano foi identificado o 9 de abril no concello pontevedrés de Redondela. O achado foi comunicado por un usuario a través da aplicación de ciencia cidadá Mosquito Alert, onde se confirmou que se trataba de Aedes albopictus grazas á característica liña branca no tórax que distingue esta especie invasora.

En Galicia, este mosquito, orixinario do sueste asiático, foi detectado por vez primeira no verán de 2023 na parroquia morañesa de Tirán. A súa chegada ao Morrazo podería estar relacionada co tráfico portuario de Vigo, segundo apuntan diversas hipóteses. En total, durante 2025 rexistráronse 446 exemplares mediante a mesma aplicación, na que a cidadanía comparte imaxes de insectos sospeitosos que posteriormente son verificadas por persoal experto. Porén, a problemática deste insecto vai máis alá da súa capacidade invasora, xa que pode actuar como vector de enfermidades como o zika, o dengue ou o chikungunya

Publicidade

Características favorables en Galicia

En Galicia, o mosquito tigre atopa un hábitat propicio para a súa supervivencia. As temperaturas suaves, xunto coa elevada humidade e as precipitacións frecuentes, favorecen a súa reprodución e expansión. Ademais, amosa unha clara preferencia polos espazos urbanos, onde adoita criar en pequenos depósitos de auga presentes en contornas domésticas. Esta é, de feito, unha das súas principais particularidades: utiliza recipientes e acumulacións de auga estancada de pequeno tamaño —como pratos de macetas ou bebedoiros de animais— para completar o seu ciclo reprodutivo.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona