Confirmada a presenza do mosquito tigre en Bueu

O concello do Morrazo é o sétimo de Galicia, xunto a Moaña, Vigo, Cangas, Redondela, O Porriño e Vilaboa, en notificar a aparición do 'Aedes albopictus'

O mosquito tigre (Aedes albopictus) xa está en Bueu. Así o confirmou a Xunta a través da Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec), da que tamén forman parte as universidades de Vigo e Santiago. A verificación realizárona os entomólogos adscritos á rede tras unha notificación dun cidadán de Bueu a través da aplicación de ciencia cidadá Mosquito Alert. O concello do Morrazo xa é o sétimo de Galicia en confirmar a presenza do Aedes albopictus, tras Moaña, Vigo, Cangas, Redondela, O Porriño e Vilaboa.

A Consellería de Sanidade ten un acordo de colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na promoción da descarga da aplicación móbil Mosquito Alert coa que a cidadanía pode achegar fotografías para o seu estudo por parte dos especialistas en entomoloxía, quen confirmarán se se trata ou non de mosquito tigre ou doutra especie.

Publicidade

Desde a Rede Galega de Vixilancia de Vectores, e en colaboración co Concello de Bueu, ampliarase a vixilancia colocando trampas para ver a extensión e abundancia do mosquito tigre en función dos criterios dos técnicos de Saúde Pública e dos expertos entomólogos que conforman a rede.

Ademais, o Concello de Bueu, sumarase aos de Moaña, Vigo, Cangas, Redondela, O Porriño e Vilaboa como integrante do comité técnico do mosquito tigre.

Publicidade

Medidas para evitar a súa proliferación

A Consellería de Sanidade agradece a participación cidadá seguindo os consellos para evitar a proliferación deste insecto, que é vector de enfermidades de importancia na saúde pública como son o dengue, chikungunya e Zika. Lémbrase que a maneira máis efectiva de evitar esta proliferación é impedir a posta de ovos e o crecemento das larvas con pautas sinxelas como eliminar puntos de auga estancada en bebedeiros, pratos baixo macetas, caldeiros á intemperie ou embarcacións co seu simple baleirado ou coa renovación da auga cada 4-5 días.

En canto á picadura, para evitala aconséllase o uso de repelentes específicos que se poden atopar nos listados de produtos autorizados, ademais de recomendar vestir con manga e pantalóns longos e calzado pechado ou colocar mosquiteiros en portas e ventás. As picaduras poden ser molestas e, nalgún caso, poden producir reaccións alérxicas de certa gravidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é o Virus do Nilo, a enfermidade que activa as alarmas en España e suma máis de 50 mortes en Italia

A maioría dos pacientes son asintomáticos, pero existe unha variante neuroinvasiva que inflama o cerebro e causa encefalite ou meninxite

Galicia activa un programa para mellorar a vixilancia da infección pulmonar causada pola lexionela

A Consellería de Sanidade, a USC e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica analizarán as cepas da bacteria para facilitar a detección de posibles gromos

A Consellería de Sanidade activa o protocolo de actuación tras detectar un caso de sarampelo

A investigacion apunta a un paciente importado, sen contactos detectados ata o momento e cun risco moi baixo para a poboación xeral

A Xunta clausura a planta soto do centro de saúde de Ponteareas pola elevada concentración de radon

O gas está catalogado como canceríxeno e está vinculado causalmente ao cancro de pulmón