Un estudo relaciona unha toxina bacteriana coa “epidemia” de cancro colorrectal en adultos novos

A investigación liderada por un galego indica que a enfermidade podería ser a principal causa de morte por tumores en xente moza en 2030

“Unha epidemia de cancro colorrectal entre os mozos”. Así define un equipo internacional as posibles consecuencias da exposición dos nenos a unha toxina bacteriana. O estudo está liderado polo galego Marcos Díaz-Gay, xefe do Grupo de Xenómica Dixital do Centro Nacional de Investigaciones Oncolóxicas (CNIO).

Historicamente foi unha enfermidade vinculada ao avellentamento. Con todo, a súa incidencia en menores de 50 anos duplicouse nos últimos 20. A investigación apunta á colibactina como posible culpable. Esta bacteria está producida por algunhas cepas de E. coli, aínda que se descoñece como os nenos poden estar baixo a exposición desta.

Publicidade

Os autores do estudo analizaron ata 981 xenomas de pacientes con cancro colorrectal en 11 países. Os resultados din que os patróns que deixa esta bacteria son un 330% máis frecuentes nos adultos menores de 40 anos ca nos de máis de 70. “Isto cambia a nosa forma de pensar sobre o cancro”, recala Ludmil Alexandrovo, investigador da Universidade de California. A exposición a esta bacteria en etapas temperás da vida favorece mutacións no ADN das células.

As implicacións deste estudo son moi relevantes. De seguir así, esta enfermidade podería ser a principal causa de morte por cancro na xente nova en 2030. Ata agora, non se coñecía o motivo deste aumento. As persoas novas con este tipo de cancro non teñen, polo xeral, antecedentes familiares. Ademais, presentan factores de risco pouco coñecidos, como pode ser a obesidade ou a hipertensión.

Publicidade

“O noso obxectivo era examinar os patróns mundiais de cáncer colorrectal para entender por que algúns países tiñan taxas máis altas”, comenta Díaz-Gay. Foi a medida que afondaban neses datos cando atoparon este vínculo. Agora, destacan a necesidade de establecer unha causalidade.

Os efectos nocivos da colibactina comezan pronto. A afectación dunha persoa con esta mutación aos 10 anos pode adiantar o desenvolvemento de cancro colorrectal ata dúas décadas. O achado desta información pode axudar a facilitar tratamentos oncolóxicos moito antes de que aparezan os síntomas.

Moitas posibles ramificacións

Este novo descubrimento deixa no aire moitas preguntas. Hai dietas ou estilos de vida máis propicios á produción da colibactina? Como poden descubrir con facilidade se teñen estas mutacións? Para Alexandrov, estes cancros poden ter a súa orixe en exposicións ambientais na idade infantil.

Algúns estudos xa buscan o desenvolvemento de probas de detección precoz que analicen mostras de excrementos na busca de mutacións relacionadas. Ademais, os resultados poden variar segundo os países, afirma Díaz-Gay. “Isto abre a porta a estratexias de prevención específicas”, asegura o galego.

Alexandrov tamén aproveitou a publicación deste achado para lembrar que os recortes nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) poden limitar a capacidade de traballar nestes proxectos. “Esta investigación ten implicacións importantes para a saúde futura dos nenos de todo o mundo”, recordou. Sen un financiamento adecuado, di, será moi difícil abordar este problema.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto