Un libro recolle por primeira vez ata 704 cantigas de amor

Unha investigadora da USC recompila os textos transmitidos nos cancioneiros medievais da Ajuda, da Biblioteca Nacional e da Vaticana

704 cantigas de amor nunha mesma obra. Ese é o novo libro da profesora da Universidade de Santiago (USC), Mariña Arbor Aldea. A serie, dedicada á poesía galego-portuguesa, recolle por primeira vez a edición crítica destes textos transmitidos polos principais cancioneiros medievais. É o caso da Ajuda, da Biblioteca Nacional e da Vaticana.

A publicación supón un avance destacable na recuperación e divulgación do patrimonio literario galaico-portugués. O volume impreso que se presenta este xoves 24 recolle as 704 cantigas de amor co nome de Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor. Cada unha delas está acompañada cunha paráfrase en galego actual e referencias ás fontes manuscritas e ás edicións previas existentes. Por outra banda, o libro tamén contará cun código QR que liga cada poema á súa edición completa na páxina web da iniciativa.

Publicidade

A obra é froito dun intenso labor de investigación filolóxico iniciado en 2010, que ten por obxectivo fixar un texto crítico das 1.680 cantigas galego-portuguesas que se conservan na actualidade. O financiamento ministerial dos sucesivos proxectos permitiu a creación dunha plataforma dixital de acceso libre na que se pode consultar a edición completa de cada composición. 

Un labor interuniversitario

Ademais da profesora Arbor, este traballo foi levado a cabo polos docentes da Universidade da Coruña (UDC) e investigadores do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA). É o caso de Manuel Ferreiro e Leticia Eirín. Tamén contou coa labor de Bieito Arias, da Universidade de Vigo.

Publicidade

Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor conta co apoio da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A súa publicación marca o inicio dunha serie que agrupa todos os textos segundo os seus xéneros poéticos. Este mesmo ano está prevista a edición do segundo volume, dedicado ás cantigas de amigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CiQUS, na elite da ciencia co selo María de Maeztu: “É un recoñecemento ao traballo dos últimos anos”

O investimento previsto para o centro da USC impulsará a captación de talento, a creación de novas infraestruturas e liñas de investigación

Un estudo galego explora o uso de virus para combater as infeccións de ouriña resistentes aos antibióticos

Un estudo liderado dende Galicia analiza un dos patóxenos que máis preocupa nos hospitais e reforza o potencial dos bacteriófagos

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

O xenoma do anisakis permite desenvolver unha nova ferramenta para o control do parasito

Un estudo con participación galega senta as bases para mellorar os programas de vixilancia e contribuír a un consumo de peixe máis seguro