Achados na illa de Tambo posibles restos dun mosteiro do século VII

Os investigadores atoparon muros e paredes que poderían pertencer a Santa María de Graza, destruída polo corsario Drake no ano 1589

Unha nova investigación na illa de Tambo, no concello de Poio, atopa restos do que podería ser un edificio relixioso do século VII. Trataríase do mosteiro de Santa María de Graza, destruído no ano 1589 polo corsario Drake.

As inspeccións realizadas recentemente acharon restos de muros e paredes en dúas zonas diferenciadas. Nun dos casos, estas ruínas coinciden co lugar ocupado polo mosteiro. A súa confirmación podería ser unha achega importante para incrementar o valor patrimonial do enclave.

Publicidade

Cortesía da asociación Irmandade Illa de Tambo

Desde a asociación Irmandade Illa de Tambo, consideran “urxente” completar o mapa arqueolóxico do lugar, de cara a poder descubrir máis restos históricos. Ademais, consideran necesarias accións para xestionar as especies invasoras como os eucaliptais e para retirar refugallos da etapa militar.

Hai máis de seis meses, na última Comisión de Seguimento da Illa de Tambo, o Concello de Poio presentou un plan para lograr que o lugar fose Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Esta declaración contou nun primeiro proceso co rexeitamento dalgunhas asociacións, xa que a creación de varias infraestruturas implicarían un certo grao de urbanización do norte da illa. De cara a esta proposta do ENIL, a asociación tamén pide que se conte no equipo redactor cun arqueólogo.

Publicidade

“É un espazo con pegadas desde a prehistoria pasando por tódalas etapas ata a actualidade”, apuntan desde Irmandade Illa de Tambo. Outros puntos de accións que tamén consideran urxentes son a mellora da seguridade do peirao e da senda peonil e crear un plano básico para asegurar as estruturas dos edificios existentes. Para a asociación, a Xunta de Galicia debería clasificar a illa como Ben de Interese Cultural (BIC).

Décadas de militarización

A illa de Tambo conta cunha historia moi longa. Tras a construción da capela, no século XII foi cedida pola raíña Dona Urraca ao convento de San Xoán de Poio, ata a súa destrución. Os veciños de Combarro usaron o lugar durante séculos. Coa desamortización de Mendizábal a mediados do século XIX, a illa foi usada para poñer en corentena aos mariñeiros con enfermidades infecciosas.

En 1916, as autoridades ordenan a construción no lugar dun faro. Tras a guerra civil, a illa pasa a estar militarizada e a formar parte da Armada Española. Finalmente, no ano 2022, o Ministerio de Defensa cedeu a illa por 25 anos ao Concello de Poio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla