Luis Liz recibe o Premio Nacional de Investigación

O científico lucense do Ikerbasque foi galardoado polas "súas numerosas e significativas achegas aos campos da Química Coloidal e a Nanociencia"

Os reis de España, acompañados polo ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, e a secretaria de Estado de I+D+i, Ángeles Heras, entregaron este xoves os Premios Nacionais de Investigación no Palacio Real do Pardo, en Madrid. Entre os cinco galardoados, o científico galego Luis Liz-Marzán (Lugo, 1965), que recibiu o recoñecemento ‘Enrique Moles’ de Ciencia e Tecnoloxía Química “polas súas numerosas e significativas achegas aos campos da Química Coloidal e a Nanociencia”. Desde o Ministerio recoñecen tamén que “a súa actividade dedicouse a abrir novas fronteiras científicas na nanoescala desde un punto de vista químico, co obxectivo de resolver problemas emerxentes de elevada importancia tecnolóxica, en particular no campo biomédico”.

Na actualidade, Luis Liz Marzán é profesor de investigación de Ikerbasque e director científico do Centro de Investigación Cooperativa en Biomateriais CIC biomaGUNE. O seu equipo, que recibiu por segunda vez unha bolsa Advanced Grant o pasado ano, traballa na actualidade no uso de biomateriais “co obxectivo de intentar comprender desde dentro como funcionan os tumores”, explicaba Luis Liz a GCiencia nunha entrevista recente. “O que pretendemos é, mediante a impresión 3D, crear unha especie de andamiaxes a escala nanométrica para cultivar tumores artificiais”, engadía.

Publicidade

Luis Liz Marzán: “Marchei porque me ofreceron unhas condicións que agora si podería ter en Galicia”

Luis Liz-Marzán estudou Química na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 1992. Foi investigador postdoctoral na Universidade de Utrecht e profesor na Universidade de Vigo (1995–2012). Nese ano marchou cara ao Ikerbasque. Foi ademais profesor visitante en varias universidades e centros de investigación de Xapón, Estados Unidos, Europa, Australia e Arabia. A súa investigación centrouse no crecemento controlado de nanopartículas, a súa ensamblaxe na escala nanométrica e as súas propiedades ópticas. Ademais, desenvolveu aplicacións destes materiais na área biomédica, fundamentalmente en diagnóstico e bioimaxe.

Liz- Marzán ten publicados máis de 400 artigos en revistas científicas e de divulgación, é co-inventor de 8 patentes e impartiu máis de 300 conferencias convidadas en congresos e institucións de investigación de todo o mundo.En 2018 estivo entre o 1% dos científicos máis citados do mundo.

Publicidade

É editor da revista ACS Omega, e asesor editorial doutras publicacións. Recibiu varias distincións, como a ERC Advanced Grant, o Premio Rey Xaime I, o Premio Humboldt ou a Medalla da Real Sociedade Española de Química. Ademais, é membro da Real Academia de Ciencias e da European Academy of Sciences.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto