De Galicia a Cádiz hai un paso de distancia, e mide o mesmo ca un plato. Canto menos, así se sentiu baixo os teitos de cristal do xardín do restaurante A Horta d’Obradoiro. O espazo, que é parte da guía Michelín, foi testemuña da reunión de culturas que se produciu este xoves a través da confluencia gastronómica das experiencias galega e gaditana. A comida comezou con ceos máis propios do estereotipo do norte e pechou cun postre bañado por raios de sol intensos que quixeron recordarlle aos visitantes de Cádiz un respiro da súa terra.
Porque non só houbo unha mestura de comidas sobre o mantel, senón que os propios comensais que se reuniron en torno á mesa tiñan procedencias igual de variadas que os ingredientes. Esa foi a esencia do encontro Cádiz 365 días do ano: o evento, impulsado polo Patronato Provincial de Turismo da Deputación de Cádiz, tendeu una ponte a través da península para conectar as propostas dun e outro lugar. Está conexión, como sinalaron as autoridades presentes, non foi só metafórica: os representantes das áreas de Turismo de Galicia e de Cádiz celebraron o establecemento aéreo dunha liña directa entre os ceos galegos e os gaditanos a través de Vueling.
Así, antes de comezar a degustación, os asistentes puideron recibir de primeira man información sobre as posibilidades turísticas que ofrece esta conexión entre Santiago de Compostela e Xeréz. A directora técnica do Patronato de Turismo da Deputación de Cádiz, Miriam Carrión, abriu as explicacións cunha introdución ás tradicións gastronómicas gaditanas, palabras que secundou o Deputado de Turismo de Cádiz. A continuación, o Director Xeral de Turismo da Xunta e a Concelleira de Turismo De Santiago de Compostela reforzaron o seu interese nesta colaboración e, entón, deron paso a un dos dous protagonistas da xornada: o viño de Xeréz. O embaixador da marca Pepe Ferrero ofrecen unha ruta histórica e metodolóxica polo pasado e o presente destas bebidas.
Entón, cun plato galego e unha copa gaditana, deu comezo a comida.
Os entrantes: o mar na punta do tenedor
A degustación dos primeiros bocados estivo protagonizada polo mar. A xornada arrancou cun aperitivo de mousse de mexillón sobre pan brioche, acompañada por un viño Manzanilla Aurora de cinco anos que aportou un lixeiro toque de salinidade á mesa. A continuación, o restaurante ofreceu vieira de cambados con escuma de pataca e xamón e crocante de códium, unha alga coñecida por lembrar ao sabor dos percebes. Seguidamente, presentaron unha rede de berberechos bañada no seu zumo de cocción, aderezado cunha mestura habitual (pero eficaz) de aceite e perexil.
Ata agora, o Manzanilla ocupou as copas dos asistentes, mais neste punto dálle o relevo un Amontillado de 15 anos, expresivo e moi adecuado para platos especiados. O viño de Xeréz bailou no palatal en harmonía co bonito de Burela acompañado dun cremoso escabeche de mango, e foi o aderezo ideal para potenciar o sabor da carne presente na filloa de maíz con meloso e cebola encurtida, unha reinterpertación salgada do tradicional postre galego.
O produto local protagonizou a degustación
Os pratos principais estiveron protagonizados polo produto local. Un Fino Coquinero en rama acompañou o pescado da lonxa de Ribeira con hummus atlántico e, tras unha nova guía narrada polos procesos e matices da elaboración do viño, os comensales beberon un Palo cortado de 15 anos mentres servían una costela de vaca con salsa de mazá e ensalada fresca sobre a carne.
Despois, deu comezo a parte final da experiencia: os postres. O restaurante presentou unha elaboración de escuma de mazá asada con xelado artesán de canela sobre unha capa de galletas picadas e unha crema fría de remolacha e requeixo das Neves coroada por un cristal de azúcre. O viño que os acompañou foi un Cream East Indica Solera.
Co estómago cheo e a opinión da experiencia reflictida nos sonrisos de satisfacción, os asistentes recibiron entre aplausos os artífices de poñer sobre a mesa tal demostración de vangarda das habilidades culinarias galegas: os cociñeiros Eloy e Kike.
E deste xeito, no espazo dun mantel e na duración dunha comida cruzáronse os case 1.000 quilómetros que separan dúas tradicións que demostraron complementarse á perfección.

























