En busca das tobeiras do lagostino: investigadores do IEO actualizan o censo no noroeste de Galicia

A campaña percorreu 61 estacións para estimar a abundancia da especie con tecnoloxía de imaxe submarina e complementar os datos pesqueiros

Persoal científico do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) desenvolve unha campaña oceanográfica durante quince días a bordo do buque oceanográfico Ángeles Alvariño, co obxectivo de actualizar as estimacións de abundancia de lagostino (Nephrops norvegicus) en augas do noroeste de Galicia. Durante a misión, empregouse tecnoloxía de imaxe submarina para estimar de forma directa a presenza desta especie a partir do reconto das súas tobeiras. Este método complementa as estimacións baseadas en datos pesqueiros, que poden verse condicionadas pola época do ano da actividade pesqueira ou as medidas de xestión en curso.

Para iso, utilizouse unha zorra equipada con cámaras submarinas e sensores que percorreu 61 estacións distribuídas por toda a área de Galicia Norte, unha zona de aproximadamente 4.600 quilómetros cadrados situada entre Fisterra e Cedeira. Este esforzo supón unha mellora da intensidade de mostraxe respecto ás campañas realizadas entre 2022 e 2025.

Publicidade

Localización de madrigueras

A metodoloxía permite determinar a densidade de tobeiras presentes en cada estación e estimar a abundancia e biomasa total de lagostino na zona cun impacto mínimo sobre os fondos mariños. Ademais, recompilouse información sobre as comunidades biolóxicas observadas e as características ambientais do seu hábitat.

Os investigadores obtiveron mostras de lagostino mediante 34 operacións cun patín bentónico, unha arte de pesca que se desliza sobre o fondo mariño. Estas mostras permitirán estudar aspectos relacionados coa reprodución, alimentación e diversidade xenética da especie, así como analizar as comunidades bentónicas asociadas e identificar a presenza de residuos no fondo. 

Publicidade

Así mesmo, recolléronse mostras de sedimento mediante 59 operacións coa draga para caracterizar os tipos de fondo presentes na zona, xa que o lagostino constrúe as súas tobeiras unicamente en determinados tipos de sedimentos. Paralelamente, realizouse unha análise xeolóxica de alta resolución que contribuirá a mellorar o deseño de futuras mostraxes e a interpretación dos resultados obtidos.

O deseño da campaña segue os protocolos establecidos polo Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES, polas súas siglas en inglés), organismo que asesora á Unión Europea en materia de xestión pesqueira no Atlántico Nordeste. Esta metodoloxía aplícase actualmente en ao redor do 60% dos stocks europeos de lagostino avaliados na rexión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla