Un devastador fenómeno xeolóxico denominado ‘dobrete sísmico‘ golpeou o norte de Venezuela este mércores 24 de xuño. A diferenza do patrón habitual dun gran terremoto seguido de réplicas menores, a rexión sufriu dous sismos principais case simultáneos. A forza dos eventos fixo que a rede de sismógrafos de Europa captara tamén os movementos a pesar da distancia.
España, aínda que aparece case baleira na imaxe amosada, conta con detectores de sismos propios: trátase dunha rede xestionada polo Instituto Xeográfico Nacioal (IGN). En Galicia hai seis detectores: un entre A Picota e Lago (A Coruña), un en Santiago de Compostela (A Coruña), un ao sur de Cidáns (Pontevedra), un ao leste de Vila de Cruces (Pontevedra), outro ao leste de Vilameá (Ourense) e un sexto localizado ao norte de Vileimil, no límite lucense con Asturias
O dobrete sísmico en Venezuela
O primeiro, de magnitude 7,2, rexistrouse ás 18:04 cun epicentro próximo a San Felipe; 39 segundos despois, un segundo tremor aínda máis potente (de magnitude 7,5) desatouse a 45 quilómetros de distancia, preto do municipio de Yumare.
O dobre impacto liberou unha gran cantidade de enerxía ao longo dunha falla de máis de 150 quilómetros que conecta San Felipe con Caracas. O primeiro movemento provocou unha redistribución dos esforzos tectónicos acumulados durante décadas, o que foi suficiente para romper unha zona da falla e causar o segundo sismo.
As consecuencias humanas e materiais acadan nalgunhas áreas o grao IX na escala de Mercalli, o que se traduce en destrucións severas nas infraestruturas. O estado costeiro de La Guaira foi oficialmente declarado zona de desastre ao concentrar gran parte do impacto.














