Onde están os faros da costa galega? Consúltao neste mapa interactivo

A páxina web ‘Faros de España’ permite consultar a localización e a cor da luz das estruturas costeiras en 2.555 quilómetros de litoral

Galicia conta con 2.555 quilómetros de litoral, o máis longo de España. Cunha importante tradición mariñeira e unha costa conformada por rías e enseadas, é o enclave perfecto para os faros, co obxectivo de guiar ás embarcacións polo mar. A raíz da curiosidade por localizar estas estruturas costeiras, aparece a páxina web Faros de España, que permite coñecer onde se atopan 919 faros —97 deles principais— na península, Canarias e Baleares.

Segundo esta ferramenta, creada por David Antizar, Galicia conta con 28 faros principais, entre os que destacan o faro de Cabo Estai, de Corrubedo, o situado en Cabo Prior e a Torre de Hércules, o máis antigo da comunidade e o único faro romano en funcionamento do mundo, construído no século I. Con todo, faltan outros relevantes, como Cabo Silleiro (Baiona).

Publicidade

Unha das curiosidades que permite consultar esta ferramenta é o sinal luminoso de cada faro rexistrado: como é o percorrido e que cor ten a súa luz, ademais de informar sobre outros datos técnicos. Por exemplo, o faro de Estaca de Bares leva a cabo un círculo completo que equivale a un minuto, e cada grao é un segundo. Tarda exactamente 7,5 segundos en repetir a secuencia de luces e escintileos, a luz branca pódese ver ata 25 millas náuticas e a altura da luz do faro é de 101 metros.

Que significa cada cor de luz?

As luces dos faros teñen diferentes cores, a fin de transmitir unha sinal distinta para axudar a identificar a zona na que se atopa. A luz do faro da Illa de Sálvora é branca, a máis habitual, empregada sobre todo en costa ou canais importantes. O faro do Rebordiño (Muros) ten luz vermella, o que xeralmente indica un perigo; mentres, o faro de Punta Lameda, en Monteferro (Nigrán), ten unha luz verde que advirte da situación das rochas e da entrada á ría.

Publicidade

Tamén existen os faros con luz amarela, pero esta páxina web non rexistra ningún en Galicia. É a cor menos empregada, pero en ocasións serve para ver en áreas onde as condicións de visibilidade son máis complicadas.

Segundo este mapa, Galicia é unha das áreas de España cunha maior iluminación por faros costeiros. Foto: @gomezdetejada vía X
Segundo este mapa, Galicia é unha das áreas de España cunha maior iluminación por faros costeiros. Foto: @gomezdetejada vía X

Podes consultar o mapa interactivo na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla