Venres 19 Abril 2024

Sanidad recomenda non chupar as cabezas dos lagostinos

A presenza de cadmio nas cabezas dos crustáceos pode conlevar riscos para a saúde a longo prazo

Ás portas das festa do Nadal, o Ministerio de Sanidad emitiu unha recomendación que ten aos crustáceos como protagonistas. Convidan a limitar o consumo da súa carne escura, que se atopa sobre todo na cabeza, co obxectivo de reducir a exposición ao cadmio.

O cadmio (Cd) é un metal pesado que se atopa no medioambiente de forma natural asociado a minerais de cinc, cobre ou chumbo, polo que é un subproducto inevitable nas actividades mineiras relacionadas con estes metais. Ten moitas aplicacións industriais polo que a súa liberación ao medio ambiente vese incrementada pola acción do home (queima de combustibles fósiles, metalurxia, incineración de lixos) e polo uso de fertilizantes a base de fosfatos e de lodos residuais.

Publicidade

Este metal non ten ningunha función biolóxica en humanos nin en animais pero, aínda que a súa absorción durante a dixestión é baixa, tende a acumularse no organismo, principalmente no fígado e ril, durante un tempo estimado de 10-30 anos.

O cadmio é tóxico para o ril, acumulándose principalmente nos túbulos proximales, podendo causar disfunción renal. Tamén pode causar desmineralización dos ósos, ben de xeito directo ou indirectamente como resultado da disfunción renal.

A recomendación exténdese tamén ás gamas e outros crustáceos.

Despois dunha prolongada e/ou alta exposición, o dano tubular evoluciona de xeito que se produce unha diminución da taxa de filtrado glomerular e pode chegar a provocar un fallo renal e, a longo prazo, cancro. A Axencia Internacional de Investigación sobre o Cancro (IARC) clasificou o cadmio como un axente da categoría 1 (canceríxeno para os humanos) por existir suficiente evidencia científica que o avala.

En canto á exposición, destacar que o grupo de alimentos que máis cadmio achega á inxesta total é o de cereais, non por conter un nivel alto, senón debido a que supón unha parte moi importante da dieta.

No caso dos crustáceos, nalgúns países europeos, entre os que se atopa España, consómese, ademais da parte “branca”, outras partes dos crustáceos como pode ser a cabeza das gambas e lagostinos, que teñen niveis de cadmio altos, debido a que o cadmio se acumula principalmente no hepatopáncreas, que forma parte do aparello dixestivo dos crustáceos e localízase na cabeza.

Por esta razón, a Dirección Xeral de Sanidade e Protección dos Consumidores ( DGSANCO) da Comisión Europea ten tamén publicado na súa páxina web unha nota informativa sobre cadmio en crustáceos, instando os Estados membros onde hai un consumo elevado deste marisco enteiro a facer recomendacións de consumo debido ao elevado contido deste metal pesado en certas partes do animal.

Nun exercicio de control levado a cabo durante 2009 e 2010 pola Comisión Europea púxose de manifesto que os niveis atopados na carne do interior do caparazón dos crustáceos de tipo cangrexo eran moi altos e moi variables.

Os consumidores deste tipo de produtos deben ser conscientes de que o consumo destas partes dos crustáceos pode conducir a unha exposición inaceptable de cadmio, particularmente cando o consumo é habitual, algo que non adoita ser común.

A advertencia é un aviso por un consumo prolongado, pero si se recomenda non chuchar a cabeza de gambas e lagostinos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un crustáceo do tamaño dun gran de area: un reservorio de microplásticos no océano

Estes organismos poden reter ata un máximo de 200 partículas por metro cúbico de auga mariña e representar un punto de entrada nas redes tróficas

Guía da vacinación covid: quen debe protexerse e cando terá que facelo

Galicia prepárase para unha nova campaña extensiva dirixida a maiores, usuarios de residencias e persoal sanitario

Mortes por calor extrema en Galicia: a partir de 26 graos na Coruña fronte a 36 en Ourense

Un estudo do Instituto Carlos III revela un limiar de 34 en Lugo e 30 en Pontevedra, frente ao máximo estatal de Córdoba con 40

O 62% dos incluídos nos datos da covid están hospitalizados por outras doenzas

Segundo a última actualización do Sergas, só o 38,3% estaban ingresados por complicacións derivadas do coronavirus