O espectacular vídeo da viaxe da Axencia Espacial Galega

O equipo responsable da NOSA, a Axencia Espacial Escolar Galega, publicou en xuño o vídeo íntegro da viaxe que realizou o 7 de maio a súa sonda Marumasat 3. As imaxes, que duran algo máis de oito minutos, amosan as diversas fases da expedición. Desde a súa saída cara a estratosfera, no IES Maruxa Mallo de Ordes, onde foi despedida por centos de persoas, ata a súa aterraxe, nunha zona arborada do concello de Negreira. Tamén se comproba a altitude máxima acadada pola sonda, que foi de 33.223 metros.

Uns problemas técnicos provocaron que a sonda estivera perdida durante varios días. Nun principio, buscouse polo municipio de Outes, e despois ampliouse o radio de pesquisas ata Muros e Carnota. Finalmente, o sábado 12, cinco días despois da perda de contacto coa cápsula, un alumno do Maruxa Mallo atopouna nunha zona arborada de Negreira.

Publicidade

Desde entón, os catro institutos participantes (Maruxa Mallo de Ordes, Marco do Camballón de Vila de Cruces, Miraflores de Oleiros e Xelmírez de Santiago) están analizando os resultados de diferentes experimentos para os que empregaron a viaxe da sonda. Levaron varios ovos de abella, dos que conseguiron eclosionar tres, e tamén ían na Marumasat 3 un feixe de fabas, cos que se quere comprobar se a viaxe ata a estratosfera puido influír no seu proceso de desenvolvemento.

Antes da publicación do vídeo íntegro da viaxe, a NOSA xa adiantara algunhas imaxes espectaculares que se poden ver aquí.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Campaneiro, coroceiro e muiñeira: unha exposición retrata profesións galegas tradicionais en desaparición

A mostra foi elaborada por máis de 30 estudantes e poderá visitarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata abril de 2027

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos