Buscan en Outes a sonda da Axencia Espacial Galega

Onde está o Marumasat 3? É a pregunta que se fan desde onte os centos de alumnos dos institutos Maruxa Mallo de Ordes, Marco Camballón de Vila de Cruces, Miraflores de Oleiros e Xelmírez de Santiago, que participaron no lanzamento da terceira sonda da NOSA, a Axencia Espacial Galega.

“A bordo había catro dispositivos de seguimento – explica Xosé Díaz, profesor de Matemáticas do IES Marco Camballón, un dos participantes no proxecto -, unha radiosonda, un GPS, un teléfono móbil e unha ferramenta de rastrexo para aves. Cando a cápsula estaba a 13.700 metros de altura, a radiosonda deixou de transmitir de forma abrupta”.

Publicidade

As previsións realizadas na mañá de onte apuntaban que os ventos do nordés empurrarían á sonda cara a zona da serra de Outes, polo que é posible que alí tomase terra. Segundo os cálculos do tempo de voo, estímase que a cápsula chegou a ascender ata os 34 quilómetros de altura antes de comezar a descender. Grazas ao sinal emitido pola ferramenta de rastrexo, o equipo da NOSA puido constatar que a sonda seguía voando no curso previsto. Pero antes de tomar terra, todo se complicou.

“Posiblemente caeu nunha zona complicada, porque perdemos a sinal e o GPS tampouco dá cobertura”, explica Xosé Díaz. Non se descarta que caera no mar. Onte pola tarde, unha caravana de rescate percorreu varios puntos do concello de Outes para intentar localizar a sonda, pero tiveron que suspender a busca ante a ausencia de resultados. Ante esta situación, a NOSA está facendo un chamamento a través das redes sociais, pedindo a colaboración cidadá para poder recuperar o Marumasat 3.

Publicidade

Contacto:

IES Maruxa Mallo: 881 88 08 69.

IES Marco Camballón: 886 15 17 31.

IES Miraflores: 981 63 16 15

Correo electrónico: nosaaxenciaespacialgalega@gmail.com

Twitter: @marumasat

No lanzamento, que se realizou o luns ao mediodía desde o patio do IES Maruxa Mallo, estiveron presentes, ademais da comunidade educativa dos centros implicados no desenvolvemento da sonda, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez, e varios concelleiros, así como o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o catedrático de Electromagnetismo da USC e divulgador científico Jorge Mira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A mestra de Ferrol que foi precursora do libro electrónico: “Era un ben común e universal”

María Luisa Souto conta a historia da súa avoa tras un evento da Universidade da Coruña no que se conmemora o 50 aniversario do seu falecemento

Román Rodríguez: “A pandemia puxo enriba da mesa a necesidade de apostar pola ciencia”

O conselleiro de Ciencia defende a aposta do Plan de Investigación polas tecnoloxías da bioloxía, cuántica e verde: “Galicia non pode ser boa en todo”

O método pedagóxico galego que promete revolucionar o estudo da gramática

“Sintaxe” propón un sistema máis innovador e inclusivo no que os nenos de entre 6 e 11 anos aprenden con recursos que poden tocar

Cantos tipos de nubes hai? O manual da UVigo interpretar a meteoroloxía

A través de preguntas curtas, o libro serve para explicar conceptos clave de forma breve, clara e rigorosa ao alumnado