A central das Pontes, no top 20 das emisións de CO2 en Europa

A central térmica que Endesa ten nas Pontes é a número 19 entre as factorías que máis gases de efecto invernadoiro emiten á atmosfera. Así o indican os datos de 2017 do sistema europeo de comercio de dereitos de emisións (ETS), que fixo públicos a Comisión Europea, e que recolle o diario El País. A factoría das Pontes emitiu o ano pasado 8,1 toneladas de CO2 equivalente (a medida empregada para os gases de efecto invernadoiro), lixeiramente por debaixo da central que máis gases emite en España, a de Aboño, en Gijón, propiedade de EDP.

Nos datos que expuxo a Comisión Europea vese que sete das 10 factorías de Europa que máis gases expulsan á atmosfera están en Alemaña. Porén, o primeiro lugar ocúpao unha planta situada en Polonia: Belchatow, que o ano pasado emitiu 37,6 millóns de toneladas de CO2 equivalente. Todas as factorías situadas entre as 10 primeiras da Unión obteñen electricidade queimando carbón.

Publicidade

O sistema ETS que emprega a UE obriga a todos os países a render contas ante a Comisión. É un sistema de compra e venda de dereitos que obriga a contabilizar cada tonelada de gases que emiten arredor de 11.000 instalacións industriais de todo o territorio comunitario. No listado tamén se inclúen, pola elevada cantidade de CO2 que emiten á atmosfera, as aeroliñas que operan no espazo aéreo europeo.

O sistema rexistra, ademais do C02, o metano, óxido nitroso, hidrofluorocarburos (HFC), perfluorocarburos (PFC) e hexafluoruro de xofre (SF6).

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

Ata 44 toneladas de metano ao ano: así deixa a súa pegada o gas no fondo da ría de Vigo

Un novo estudo revela que este composto pode achegar un terzo do carbono presente nas cunchas de microorganismos bentónicos