O efecto das chuvias: a imaxe satelital de Copernicus que revela a enchente do río Miño en Lugo

O Sentinel-1 da Axencia Espacial Europea capta dende órbita o aumento de caudal ao seu paso por Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei

As inundacións están a marcar a tónica destes últimos días debido á chuvia continua que asola Galicia. Esta situación meteorolóxica está a provocar, ademais, que os solos galegos cheguen ao seu límite de capacidade de retención de auga. Os efectos das precipitacións poden observarse a simple vista nos cursos fluviais, pero tamén son detectados polos satélites. É o caso do Sentinel-1 de Copernicus, que permite observar a saturación do río Miño, actualmente baixo vixilancia da Xunta por aviso vermello, ao seu paso por Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei (Lugo).

As imaxes captadas polo satélite amosan unha comparativa entre o 15 de xaneiro e o 8 de febreiro, cunha diferenza de case un mes entre ambas. Nelas pódense ver os campos da zona lucense e, na fotografía máis recente, a enchente arredor do río Miño.

Publicidade

A Axencia Espacial Europa (ESA) e o programa Copernicus contan en órbita cunha serie de misións satelitais. Segundo informa o Instituto Xeográfico Nacional, esta constelación está formada por satélites equipados con radar SAR (Radar de Apertura Sintética), que permite obter imaxes de alta resolución a longa distancia para monitorizar inundacións sen depender da presenza de nubes nin da luz.

Imaxe satelital de Sentinel-1 do río Miño no seu paso por Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei (Lugo) o 15 de xaneiro. Foto: CopernicusImaxe satelital de Sentinel-1 do río Miño no seu paso por Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei (Lugo) o 8 de febreiro. Foto: Copernicus
Á esquerda, unha imaxe satelital do 15 de xaneiro do río Miño. Á dereita, a mesma zona o 8 de febreiro. Fotos: Copernicus

Este é só un dos exemplos de ríos en estado crítico debido ás chuvias. O Goberno galego tamén vixía por alerta vermella os ríos Mandeo e Cabeiro, ademais doutros vinte cursos fluviais en aviso laranxa ante posibles desbordamentos. Xunto coa necesidade de extremar as precaucións nas zonas afectadas, o Ministerio de Transición Ecolóxica desenvolveu unha ferramenta que permite comprobar o risco de inundación segundo o lugar de residencia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla