Da Costa Ártabra á Costa da Morte: unha nova viaxe aérea polo litoral coruñés

A área de Turismo da Deputación da Coruña amosa o litoral entre Ferrol e Malpica nesta serie de imaxes aéreas da provincia

A área de Turismo da Deputación da Coruña continúa amosando os case 1000 quilómetros de costa que se poden percorrer na provincia, desde o límite setentrional da Estaca de Bares. Nesta terceira etapa da viaxe, o voo comeza sobre a ría de Ferrol, un dos escenarios clave no desenvolvemento da historia moderna de Galicia. O legado naval e militar da cidade e a súa ría, protexida no seu acceso polos castelos de San Felipe e da Palma e as baterías defensivas espalladas polos montes costeiros, segue moi patente nesta viaxe aérea.

Á outra beira da península que culmina na punta Coitelada, as vilas mariñeiras de Ares, Redes, Cabanas ou Pontedeume reciben a desembocadura do Eume que, á súa vez, dalle a man á chegada do Mandeo á ría de Betanzos. A costa, salpicada das localidades xa próximas á cidade da Coruña, deixa ver tamén as bateas máis ao norte do territorio, fronte a Lorbé, en Oleiros.

Publicidade

A viaxe pola costa atópase ao fondo coa maxestosa Torre de Hércules e a cidade da Coruña, espallada desde o istmo que achega as súas dúas beiras. A continuación chega outra construción faraónica, a do porto exterior, co seu dique adentrándose no Atlántico. Veñen logo praias ventosas, batidas pola ondada, como Barrañán, máis vilas mariñeiras como Caión e os extensos areais de Razo e Baldaio, que xuntos suman un dos máis longos de Galicia. Esta etapa finaliza no porto que abre a porta á Costa da Morte: Malpica de Bergantiños. A viaxe continuará.

Do Barqueiro a Cariño, polo aire: voo pola costa máis septentrional de Galicia

 

Entre Ortegal e Mugardos: viaxe polos grandes cantís galegos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Betanzos rende homenaxe ao seu pasado como capital galega do lúpulo

A segunda edición da festa, impulsada pola Deputación da Coruña, celebrará do 11 ao 13 de setembro a tradición con catas, 'showcookings', concertos e visitas aos campos de cultivo

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

Atopados os restos óseos de tres individuos na foxa común de Serantes 

A cata arqueolóxica coordinada por Histagra confirma a presenza dun enterramento irregular que podería acoller preto de 200 vítimas da violencia golpista