Atención estes días ao paso da Estación Espacial sobre Galicia

Os ceos despexados e o paso da ISS sobre o ceo galego despois do solpor propiciarán a visión do maior laboratorio orbital

Estación Espacial Internacional será o espectáculo no ceo nocturno para os vindeiros días, aproveitando os ceos despexados e a oportunidade de que, dende este luns 22 e ata final do mes de marzo, pasará sobre Galicia despois do solpor.

O maior laboratorio orbital construído polo ser humano vai poder ser visto como un pequeno punto branco que se move polo ceo a grande velocidade, xa que esta nave orbita arredor da Terra a uns 400 quilómetros de altura, a unha velocidade de 28.000 quilómetros por hora (preto de 8 km/s).

Publicidade

A Estación Espacial retrata ata o último recuncho de Galicia

A Estación Espacial está a cruzar o ceo continuamente, ás veces gravando o territorio de Galicia.  Tamén tomando retratos do país dende a órbita da Terra. Pero  non sempre é visible, xa que iso depende de diversos factores, entre eles a nubosidade. Tamén depende da latitude na que orbite en cada xornada.

Para observala en boas condicións, cómpre afastarse da contaminación lumínica das cidades e situarse en lugares elevados onde haxa un bo campo de visión.

Publicidade

Neste cadro podes ver os días e horas de paso da ISS sobre Galicia, cos momentos de altitude máxima e maior magnitude (brillo).

Fecha Brillo Inicio Punto más alto Fin Tipo
(mag) Hora Alt. Az. Hora Alt. Az. Hora Alt. Az.
22 Mar -2.1 21:04:35 10° W 21:07:39 32° NNW 21:09:59 15° NE visible
22 Mar -0.3 22:42:36 10° NW 22:42:59 12° NW 22:42:59 12° NW visible
23 Mar -2.6 20:17:24 10° W 20:20:38 42° NNW 20:23:52 10° NE visible
23 Mar -1.5 21:55:29 10° NW 21:58:07 20° N 21:58:08 20° N visible
24 Mar -1.6 21:08:43 10° WNW 21:11:27 22° N 21:13:38 13° NE visible
24 Mar -0.3 22:46:21 10° NW 22:46:41 12° NW 22:46:41 12° NW visible
25 Mar -1.8 20:22:21 10° WNW 20:25:15 25° NNW 20:28:08 10° NE visible
25 Mar -1.5 22:00:17 10° NW 22:02:34 21° N 22:02:34 21° N visible
26 Mar -1.6 21:14:33 10° NW 21:17:10 20° N 21:18:49 15° NE visible
26 Mar -0.3 22:51:37 10° NW 22:51:55 12° NW 22:51:55 12° NW visible
27 Mar -1.6 20:29:11 10° NW 20:31:49 20° N 20:34:27 10° NE visible
27 Mar -1.7 22:06:32 10° NW 22:08:35 25° NNW 22:08:35 25° NNW visible
28 Mar -2.1 22:21:50 10° NW 22:24:42 25° NNE 22:25:40 21° NE visible
28 Mar -0.2 23:58:41 10° WNW 23:58:49 11° WNW 23:58:49 11° WNW visible
29 Mar -1.8 21:37:31 10° NW 21:40:15 22° N 21:42:59 10° ENE visible
29 Mar -1.8 23:14:27 10° NW 23:16:21 29° NW 23:16:21 29° NW visible
30 Mar -3.1 22:30:40 10° NW 22:33:55 42° NNE 22:34:18 40° NE visible
31 Mar -2.6 21:47:18 10° NW 21:50:27 33° NNE 21:52:42 16° E visible
31 Mar -1.5 23:24:22 10° WNW 23:25:56 24° W 23:25:56 24° W visible

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha igrexa e un curtidoiro elevan a 93 os bens galegos na Lista Vermella

A Coruña concentra o maior número de monumentos en risco, con 34, seguida de Lugo, Pontevedra e Ourense

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período