Así gravou a Estación Espacial o seu paso por Galicia

O astronauta británico Tim Peake publicou onte un vídeo que comeza cunha imaxe de Galicia dende o espazo. O espectacular ‘time lapse’ foi tomado dende o módulo Cúpula da Estación Espacial Internacional, e recolle o momento no que a ISS sobrevoa o Norte de Europa chegando dende o Atlántico.

O vídeo está tomado dende os 400 quilómetros de altura aos que orbita a Estación Espacial, que viaxa a 27.750 quilómetros por hora. Nas imaxes, vemos como a ISS entra dende o océano deixando Galicia á súa dereita, para sobrevoar o Golfo de Bicaia e Bretaña, pasando logo sobre as illas británicas e a península de Dinamarca.

O paso de onte da Estación Espacial Internacional sobre Galicia rexistrouse ás 20 horas e 22 minutos. Nos últimos 15 anos, a ISS ten tomado múltiples imaxes de toda Galicia, ás veces chegando ata recunchos inesperados.

Cada día, a ISS da 16 voltas ao planeta Terra, polo que a súa presenza no ceo non é algo inusual. Quen teña interese en contemplar a Estación Espacial Internacional dende Galicia ten unha opción sinxela. A NASA ofrece un servizo gratuíto polo que envía un mail para avisar con horas de adianto cando vai pasar por unha zona concreta do planeta e haberá boa visibilidade para seguila. Só envía alertas se coincide coa noite e está nun punto elevado sobre o horizonte. A ISS obsérvase como se fose un avión a moi alta velocidade, ou como unha estrela fugaz chamativa por ser moi brillante. Segundo as épocas, estas condicións acontecen en todo o planeta entre dúas veces por semana e unha vez cada dous meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.