Cabo Touriñán, dende a Estación Espacial Internacional, en foto tomada no 2007.
Cabo Prior, incorrectamente identificado pola NASA como Cabo Touriñán, dende a Estación Espacial Internacional, en foto tomada no 2007.

A Estación Espacial retrata ata o último recuncho de Galicia

Os astronautas da Estación Espacial Internacional non só retratan as grandes cidades e accidentes xeográficos. Tamén tiran fotos de calquera cousa na superficie da Terra que lles chame a atención. Así, ao longo de 15 anos de misión, teñen retratado as rías galegas e as grandes urbes do país. Pero, tamén, pequenas vilas pintorescas ou mesmo parques industrias de Galicia.

Xinzo de Limia, en foto tomada en 2009 dende a ISS.
Xinzo de Limia, en foto tomada en 2009 dende a ISS.

Betanzos, Taboadela, Caión ou Malpica aparecen nas imaxes que os astronautas toman dende o módulo Cúpula da ISS. E incluso parques industriais como o de San Cibrao de Viñas, en Ourense. E preocúpanse de localizar e rotular con estes nomes as fotos. Así temos un completo retrato de Galicia dende o espacio que chega ata o último recuncho de Galicia.

Polígono de San Cibrao, en Ourense, dende a ISS, en 2012.
Polígono de San Cibrao, en Ourense, dende a ISS, en 2012.

Os días na Estación Espacial Internacional non duran moito. De feito, os astronautas ven amencer e anoitecer 15 veces cada vintecatro horas. Orbitando a 27.750 quilómetros por hora, a unha altura de 360 quilómetros, cada día dan 16 voltas arredor da Terra. Dende que foi lanzado polos rusos en 1998 o primeiro módulo, chamado Zarya, a ISS ten realizado máis de 80.000 órbitas. Dende o ano 2000, está habitada de xeito permanente, polo que en 2015 ano cumpriu o seu 15 aniversario. E, como as xornadas na estación espacial teñen tantos ‘días’, o tempo dá para moito. Malia facer importantes experimentos, os astronautas adoita fotografar o planeta Terra, sobre todo dende o módulo cúpula, construído como un miradoiro.

O astronauta identifica esta foto como Caión, en 2006.
O astronauta identifica esta foto como Caión, en 2006.

Ao longo de quince anos, moitas desas imaxes teñen retratado Galicia. Os astronautas tiraron fotos nas que se observa o país enteiro, xunto a outras que retratan as Rías Baixas, a Costa da Morte, as cidades da Coruña e Ferrol ou mesmo pequenas vilas, que aparecen anotadas co seu nome pola NASA.

Malpica de Bergantiños, dende a Estación Espacial, en foto tomada no 2006.
Malpica de Bergantiños, dende a Estación Espacial, en foto tomada no 2006.

Todas as fotos tiradas dende a Estación Espacial Internacional están recollidas e agrupadas pola NASA nunha web chamada ‘Gateway to Astronaut Photography of Earth’, onde poden consultarse por un buscador ou por un mapa.

A meirande parte das imaxes son posteriores ao ano 2003, pero tamén se inclúen algunhas de Galicia dos anos 1995 e 1997. Neste caso, foron tiradas por astronautas das misións dos transbordadores espaciais como o Columbia ou o Endeavour.

Betanzos, no 2003, dende a Estación Espacial.
Ferrol, no 2003, dende a Estación Espacial.

Quen, pola contra, queira fotografar a Estación Espacial Internacional dende Galicia ten unha opción sinxela. A NASA ofrece un servizo gratuíto polo que envía un mail para avisar con horas de adianto cando vai pasar por unha zona completa do planeta e haberá boa visibilidade para seguila. Só envía alertas se coincide coa noite e está nun punto elevado sobre o horizonte. A ISS obsérvase como se fose un avión a moi alta velocidade, ou como unha estrela fugaz chamativa por ser moi brillante. Segundo as épocas, estas condicións acontecen en todo o planeta entre dúas veces por semana e unha vez cada dous meses.

Allariz, dende a ISS, no 2009.
Allariz, dende a ISS, no 2009.
Taboadela, en Ourense, dende a ISS, no 2009.
Taboadela, en Ourense, dende a ISS, no 2009.
A cidade de Ourense, retratada pola Estación Espacial Internacional no 2009.
A cidade de Ourense, retratada pola Estación Espacial Internacional no 2009.

Aquí podes atopar máis imaxes de Galicia dende a Estación Espacial Internacional

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.