Do Barqueiro a Cariño, polo aire: voo pola costa máis septentrional de Galicia

A Deputación da Coruña achega nunha serie de vídeos os preto de 1000 quilómetros de costa; esta é a primeira das entregas

Na desembocadura do río Sor, que forma a ría do Barqueiro, a coñecida ponte metálica preto deste porto do mar separa as provincias da Coruña e Lugo. E desta pequena vila do concello de Mañón parte o primeiro dos vídeos difundidos pola Deputación da Coruña, cos que percorre, desde bares a Rianxo, os case 1000 quilómetros de entrantes e saíntes polo litoral da provincia.

Do Barqueiro a cámara viaxa ata a Estaca de Bares, o punto máis setentrional da península ibérica. O seu faro, os vestixios dunha base militar estadounidense ou a gran riqueza ornitolóxica que se poden observar desde el son atractivos suficientes que ben pagan unha visita. Chega a continuación a paraxe icónica de Loiba, que nos últimos anos acadou gran sona por ser destino fotográfico de miles de persoas, retratadas no banco con vistas aos cantís que albiscan ata Ortegal.

Publicidade

Desde aquí dáse o salto á seguinte das Rías Altas, a de Ortigueira, en cuxa parte interna medou a vila que lle dá nome. Saíndo cara ao mar, a través das distintas enseadas, da praia de Morouzos, Fornos ou Espasante, ou a Illa de San Vicente, xa vemos Cariño, o principal porto mariñeiro a carón de Ortegal. Moi preto están o espectacular cabo e, a carón del, cara ao suroeste, esténdense os cantís de Herbeira, os máis altos de Europa. Máis iso xa queda para outro día…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Betanzos rende homenaxe ao seu pasado como capital galega do lúpulo

A segunda edición da festa, impulsada pola Deputación da Coruña, celebrará do 11 ao 13 de setembro a tradición con catas, 'showcookings', concertos e visitas aos campos de cultivo

Turismo sostible a través da identidade gastronómica e patrimonial: este é o proxecto ‘Os Fogóns do Anllóns’

A Deputación da Coruña completa dúas novas actuacións en Cabana de Bergantiños e Ponteceso para impulsar o plan enogastronómico

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade