A Costa da Morte desde o aire no novo vídeo da Deputación da Coruña

A institución provincial continúa percorrendo o litoral, de case 1000 km de entrantes e saíntes, neste caso nunha zona célebre polos seus naufraxios

Entre Malpica e Fisterra discorre unha das rutas que máis sona adquiriu nos últimos anos na costa noroccidental de Galicia, o Camiño dos Faros. E entre estas dúas localidades, que para moitos marcan o comezo e o final da Costa da Morte, discorre tamén a nova entrega do vídeo da área de Turismo da Deputación da Coruña.

A viaxe comeza no porto de Malpica, que hoxe mantén a súa relevancia pesqueira, e ata non moito, a mediados do século XX, era un enclave importante na caza de baleas. Continúa o noso voo cara a praia de Seaia e a ermida de Santo Adrián do Mar, fronte ás illas Sisargas, que tamén se observan nas imaxes. Seguindo cara ao suroeste atopamos Punta Nariga, co seu moderno faro, un dos últimos erixidos en Galicia.

Publicidade

Polo bordo da costa continúase cara outro enclave cargado de simbolismo na Costa da Morte, O Roncudo. Nas rochas da contorna agóchanse algúns dos percebes máis aprezados do mundo, capturados durante decenios por mariscadoras e mariscadores que, como ben indican as cruces brancas chantadas nas rochas, pagaron ás veces coa súa vida.

Ao abrigo do Roncudo, e entrando cara a ría onde desemboca o Anllóns, está a vila de Corme. Continúa a viaxe polo esteiro da ría, custodiado polo Monte Branco, unha duna de grandes proporcións. E cruzamos cara a Laxe, a outra vila mariñeira da zona. Á volta da vila obsérvase o faro de Laxe e as salvaxes praias de Soesto e Traba, coa súa lagoa chea de lendas.

Publicidade

Prosegue o voo cara ao corazón da Costa da Morte, na vila de Camelle, a praia do Trece, o outro Monte Branco de Camariñas, o Cemiterio dos Ingleses onde descansan os náufragos do Serpent, o espectacular cabo Vilán e a vila de Camariñas.

Ao outro lado da ría adéntrase no mar a mítica Punta da Barca en Muxía. E chégase logo ao cabo Touriñán, que durante unha parte do ano é o último lugar no que se pon o sol na Europa Continental. Outra das salvaxes praias da zona, Nemiña, antecede ao final do camiño no cabo Fisterra.

Do Barqueiro a Cariño, polo aire: voo pola costa máis septentrional de Galicia

Entre Ortegal e Mugardos: viaxe polos grandes cantís galegos

Da Costa Ártabra á Costa da Morte: unha nova viaxe aérea polo litoral coruñés

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade

Os chefs Iria Espinosa e Luís Veira representan ‘A paisaxe que sabe’ no Premio Cociñeiro/a Galego/a 2026

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destaca o "momento extraordinario" da cociña coruñesa polo seu produto, identidade e creatividade

A Coruña consolida o seu prestixio gastronómico na feira Salón Gourmets

A Deputación valora a súa participación no evento celebrado en Madrid cun balance "moi positivo" e a sensación de deixar a restauración coruñesa na mira internacional