Non son medusas: estes son os animais que apareceron nas praias da Costa da Morte e do Morrazo

A principal hipótese atribúe o varamento masivo de veleiriños ás correntes e fortes ventos provocados pola borrasca Nelson

As praias de Carnota, Muros, Fisterra e Cangas amenceron este luns cubertas de miles de veleiriños (Velella velella). Malia a súa apariencia de medusa, estes animais mariños son en realidade unha colonia de pequenos animais denominados hidrozoos. A principal hipótese do seu varamento masivo nalgunhas praias da Costa da Morte e do Morrazo é que as correntes provocadas pola borrasca Nelson provocaron o seu arrastre cara ás praias. É dicir, o temporal marítimo da pasada fin de semana puido ser o causante da chegada destes animais mariños a algúns areais, como o de Lariño, Area Maior, O Rostro, Rodeira e Nerga.

Os veleiriños recoñécense porque son de cor azul intensa e porque teñen unha parte superior en forma de vela, que lle permite desprazarse co vento e coas mareas. É por iso que cando hai temporal marítimo, é relativamente habitual que varen grandes grupos de Velella velella nos litorais galegos. Estes animais que habitan a superficie do Atlántico Norte non son velenosos, pero si poden provocar alerxia, sobre todo se entra en contacto cos ollos ou con ferida.

Publicidade

Os veleiriños teñen unha morfoloxía semellante á coñecida carabela portuguesa (Physalis physalia). Ningunha destas dúas especies é unha medusa, senón unha colonia de hidrozoos. A forma de distinguilas, segundo a Facultade de Bioloxía da Universitat de Barcelona, é fixarse na vela de Velella velella, que ten forma tringular, fronte ao flotador cheo de gas e de gran tamaño propio das carabelas portuguesas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O vídeo que amosa os efectos da vertedura de aceite de palma nas praias da ría de Vigo

Novas imaxes obtidas no Morrazo documentan a retirada de toneladas de area contaminada, mentres persisten os riscos para o ecosistema mariño e a industria mexilloeira

Praias galegas pechadas ao baño pola carabela portuguesa: por que hai cada vez máis?

Os movementos das correntes e os cambios na temperatura do mar son algunhas das causas do aumento da súa presenza na comunidade

Non só hai carabelas portuguesas: estas son as medusas que podes atopar este verán nas praias galegas

A presenza de diferentes especies de augamares en Galicia aumenta cada ano, cunha distribución que abrangue boa parte do litoral, con especial incidencia na Mariña lucense

A inesperada visita dunha balea á Costa da Morte

Unha familia francesa que se atopaba realizando unha actividade de pesca con Fish-Terra atopou o rorcual preto da lancha na que viaxaban