Venres 11 Outubro 2024

A carabela portuguesa invade as praias da Coruña: como actuar se che pica?

Na Costa da Morte tamén aparecen exemplares de 'Pelagia noctiluca', unha medusa luminiscente cunha picadura moi urticante

Coiado con bañarse nas praias de Riazor, Orzán e O Matadoiro. O motivo non é outro que a presenza de carabelas portuguesas (Physalia physalis) nas súas augas, o que obrigou ao Concello da Coruña a instalar este martes a bandeira vermella nos tres areais urbanos. Pero esta situación non é excepcional na cidade herculina nin, en xeral, en toda Galicia. Ao longo deste verán, detectáronse exemplares deste animal mariño altamente urticante tanto na cidade herculina, como en praias da costa lucense e da Costa da Morte. Sen ir máis lonxe, na praia de Caión, en Malpica, tamén se prohibe o baño. Esta vez, non só pola aparición de carabelas portuguesas, senón tamén da especie Pelagia noctiluca, unha medusa luminiscente que tamén provoca unha picadura moi urticante.

Ademais das advertencias dos municipios afectados por estes animais mariños, a aplicación MedusaApp ofrece información en tempo real de cales son os areais galegos con presenza de medusas e carabelas portuguesas. Na mañá deste mércores os exemplares identificados a través desta ferramenta estaban concentrados na Costa da Morte, A Coruña, Ferrol e Valdoviño. Mentres que a carabela portuguesa se detectou fundamentalmente nos últimos tres concellos mencionados, na Costa da Morte abundan máis os exemplares de Pelagia noctiluca. Así se pode consultar en MedusaApp, unha aplicación que funciona grazas á ciencia cidadá e que creou un equipo de investigadores españois.

Publicidade

Cales son as diferenzas?

A principal diferenza entre as especies que están invadindo Galicia é que, fronte ás Pelagia noctiluca, as carabelas portuguesas non son medusas. Malia que emulan a anatomía deste animal mariño brando e transparente, en realidade as Physalia physalis están formadas por unha sofisticada colonia de individuos que desenvolven funcións moi diversas. Segundo explica a bióloga Victoria de Andrés Fernández, da Universidade de Málaga, nun artigo publicado recentemente en The Conversation, son organismos “extraordinariamente complexos”.

No que respecta á súa morfoloxía, a carabela portuguesa ten unha parte flotante de cor violeta cunha cresta na súa parte superior —de aí o seu nome— que lle facilita os desprazamentos polo vento, segundo explican dende o Ministerio para a Transición Ecolóxica. A parte suspendida deste organismo está formada por “unha multitude de finos e longos tentáculos”. Algúns deles son os encargados da captura das presas e da súa defensa. E de feito, se se esten os seus brazos poden superar os 20 de lonxitude. Normalmente habita as augas tépedas do Atlántico e prefire augas cálidas.

Publicidade

Un exemplar de Pelagia noctiluca. Foto: Wikimedia Commons

Dende o Ministerio alertan de que as carabelas portuguesas son moi perigosas pola reacción que a súa picadura pode causar nas persoas. “O seu potente veleno ten propiedades neurotóxicas, citotóxicas e cardiotóxicas e poden chegar a producir nalgunhas situacións un shock neuróxeno provocado pola intensísima dor, co consecuente perigo de afogamento“, explican dende o organismo estatal. De calquera modo, a picadura da Physalia physalis vai provocar laceracións da pel, sensación de queimadura e moita dor. Todo iso, como consecuencia de entrar en contacto cos tentáculos que se enredan e se adhiren á pel da persoa afectada.

No que respecta á Pelagia noctiluca, é recoñecida pola súa umbrela semiesférica. Ten 16 tentáculos que, igual que acontecía coa carabela portuguesa, poden chegar a medir 20 centímetros. Pódese diferenciar pola súa cor rosada e avermellada. Ademais, tanto a súa umbrela como os seus tentáculos están cubertos de verrugas. É frecuente atopar esta espcie en augas abertas e que chegue ao litoral arrastrada polo vento, sobre todo durante o verán, segundo informan dende o Ministerio. Pode atoparse en abundancia tanto no Atlántico como no Mediterráneo.

Tanto os tentáculos de Physalia physalis como os de Pelagia noctiluca poden medir 20 metros de lonxitude

De igual modo que a carabela portuguesa, a Pelagia noctiluca é unha especie perigosa e súa picadura pode chegar a ocasionar graves problemas de saúde na persoa afectada. Segundo o organismo estatal, causa irritación e proído na pel e, incluso, pode provocar unha ferida aberta co risco de infección. Así mesmo, como é moi abundante e os seus tentáculos moi longos, a superficie afectada pode chegar a ser moi alta. “O efecto do veleno podería causar problemas respiratorios, cardiovasculares e dermatolóxicos que poden perdurar semanas ou incluso meses”, apuntan.

Hai unha unha serie de recomendacións para enfrontar a picadura dunha medusa ou dunha carabela portuguesa. En xeral non se debe aplicar amoníaco, nin alcohol, nin vinagre. De igual modo, non se aconsella frotar nin aplicar vendaxes a presión. En primeiro lugar deberíanse eliminar os restos de tentáculos ou o resto de fragmentos do animal mariño que se adherisen á nosa pel.  O aconsellable é utilizar pinzas, guantes ou unha tarxeta plástica para retiralos. Así mesmo, dende MedusaApp suxiren aplicar calor ou auga quente, entre os 40 e os 45 graos, entre 10 e 20 minutos. Por suposto, se a dor persiste o máis aconsellable á acudir a un centro de saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catro pasos a seguir ante a picadura dunha medusa

A Consellería de Sanidade ofrece unha lista de recomendacións ante a deteccións de carabelas portuguesas nos areais galegos

Atención, bañistas: estas son as praias galegas onde atoparedes medusas

As distintas especies de augamares, con especial presenza de carabela portuguesa, esténdense dende a Costa da Morte ata a Mariña lucense

Non son medusas: estes son os animais que apareceron nas praias da Costa da Morte e do Morrazo

A principal hipótese atribúe o varamento masivo de veleiriños ás correntes e fortes ventos provocados pola borrasca Nelson

Onde ver o mar de ardora? Estas son as mellores praias da Costa da Morte

O fenómeno de bioluminiscencia deixouse ver nas últimas semanas con todo o seu esplendor nos areais de Estorde (Cee) e Carnota