Haberá nubes durante a eclipse? A ferramenta definitiva para decidir onde ver o fenómeno en Galicia

A actualización dos modelos apunta a ceos cubertos no litoral e no norte, con diferenzas segundo a localidade e a evolución atmosférica do mércores

Dous días son os que faltan para poder observar a eclipse total de Sol e o tempo, aínda que cada vez máis preciso nas predicións meteorolóxicas, seguen a causar dúbidas sobre a visibilidade dende a banda de totalidade que percorre o norte de Galicia. Para consultar a información necesaria para decidir onde ver o fenómeno astronómico do ano, o Instituto Xeográfico Nacional (IGN) pon a disposición dos usuarios un visualizador con mapa interactivo para coñecer os principais detalles para a xornada do 12 de agosto a través de datos oficiais. Entre eles, a previsión de nubosidade da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) para o vindeiro mércores.

Segundo a última predición especial para a eclipse, en zonas do litoral galego e de Alborán, así como na área cantábrica, prevese que predominen os ceos nubosos. Concretamente, os modelos da Aemet indican nubes baixas en rexións do norte de Galicia, onde se debuxa con grande incerteza o que poderá ocorrer. Son os cúmulos máis perigosos e determinan a observación da eclipse: son máis densas ca as nubes medias ou altas, e cubren o ceo por completo sen permitir observar o Sol.

Publicidade

Así, os mapas facilitados pola Aemet e o IGN aclaran as zonas que estarán presuntamente afectadas polos efectos adversos. A costa dende Camariñas ata o límite con Asturias estará inmersa en nubes baixas, sobre todo no horizonte. Algunhas delas son rexións dentro da banda de totalidade, onde a Lúa cubrirá completamente o Sol e permitirá vivir a experiencia completa dunha eclipse total de Sol. Por exemplo, Malpica de Bergantiños terá 50 segundos de escuridade pero, segundo a previsión do tempo, estará moi nuboso. No caso da Coruña, con 76 segundos, afectará o tempo pero en menor medida. E, aínda que sobre Viveiro (Lugo) —un minuto e 47 segundos— non se esperan moitas nubes, si que haberá cúmulos no horizonte, o que talvez dificultará a observación.

Que di Meteogalicia?

Meteogalicia lanza o seu propio boletín diario sobre a predición para a xornada da eclipse. A actualización máis recente no momento de publicar esta peza sinala que Galicia quedará nunha situación intermedia entre o anticiclón situado sobre Centro Europa e as baixas presións do Atlántico durante o mércores 12 de agosto.

Publicidade

Isto provocará nubes baixas no terzo norte, néboas no interior e brétemas nas Rías Baixas durante as primeiras horas do día, aínda que co avance da mañá os ceos quedarán despexados. Con todo, a partir da tarde volverán entrar as nubes baixas, e cara á noite os concellos das comarcas de Terra de Soneira, Bergantiños, A Coruña, Ortegal e a Mariña de Lugo serán os máis probables para que o ceo se vaia cubriendo de norte a sur. As predicións avanzan, cada vez con máis precisión.


Podes acceder ao visualizador do IGN na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o venres

A Xunta acende o aviso laranxa por altas temperaturas no noroeste da Coruña e na montaña de Ourense e o amarelo na montaña de Lugo e en Valdeorras

De Flora a Rafael: estes serán os nomes das próximas borrascas que afecten a península

A Aemet presenta a lista para a época de temporais que comeza o 1 de setembro, e que se reservarán para os episodios meteorolóxicos de alto impacto

Sete segundos de escuridade

Unha experiencia máis sobre a eclipse total do 12 de agosto, escrita por unha xornalista de GCiencia. Por Andrea Veiga