Galicia afronta ventos de máis de 150 km/h nunha noite anormalmente cálida

A comunidade rexistrou temperaturas de máis de 25 graos nunha xornada na que xa se acadaron mais de 58 litros por metro cadrado en lugares como Salvaterra do Miño

Unha nova borrasca azouta Galicia. As precipitacións e tormentas vividas na pasada noite combináronse coas altas temperaturas e os fortes refachos de vento. Estes últimos foron protagonistas esta madrugada en diferentes puntos de Galicia. Xa pola mañá do martes MeteoGalicia rexistrou 130,6 quilómetros hora en Punta Candieira, en Cedeira. O seu máximo viviuse na Gándara, en Vimianzo, ao redor das 23:00, con refachos de 159 quilómetros hora. Tamén se superaron os 130 quilómetros hora en Penedo do Galo, Viveiro, ao redor das 4:10 da madrugada, e os 120 quilómetros hora ás 20:10 da noite e ás 4:00 en Arteixo e Burela respectivamente.

En canto ás precipitacións, os acumulados desta noite foron de ata 58,2 litros por metro cadrado en Meder, en Salvaterra do Miño, de 53,3 en San Nomedio, As neves e de 52,9 en Amiudal, en Avión. Fortes precipitacións e ventos que provocaron alertas laranxas en varios puntos do territorio. Iso si, as temperaturas aumentaron na última xornada, con mínimas que non baixaron dos dez graos esta noite e máximas de máis de 22 graos esta madrugada en Vilamor, Riotorto, Foz e Lourenzá. En Pedro Murias, en Ribadeo, acadáronse os 25,3 graos ás 2:10 da madrugada. Todo nunha xornada con meteoroloxía adversa na que se xestionaron máis de 70 incidencias, segundo o 112 Galicia.

Publicidade

Continúan as alertas

A xornada deste mércores continuará con alertas amarelas activadas por vento e choivas na Coruña, no noroeste e sur de Ourense e a provincia de Pontevedra. Os ventos de compoñente sur seguirán sendo potentes, con refachos moi fortes no litoral e en zonas altas. Desde MeteoGalicia explican que pode haber chuvias localmente fortes e persistentes na metade sur e oeste do territorio. As temperaturas tamén descenderán segundo avance o día.

Haberá alerta laranxa polas ondas do mar cara á noite na Costa da Morte e nas Rías Baixas, aviso que se estenderá ata a xornada do xoves. Tamén quedará a alerta amarela por choivas durante a madrugada do xoves no interior de Pontevedra.

Publicidade

O xoves manterase a inestabilidade atmosférica con ventos de compoñente oeste. Ademais, unha nova fronte chegará nas últimas horas do día. As precipitacións continuarán durante a mañá do venres, desprazándose de oeste a leste. Ademais, as temperaturas continuarán a descender durante o xoves e o venres levemente

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla