Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

A espera para poder contemplar a eclipse total de Sol do 12 de agosto está a piques de rematar e os preparativos xa están na recta final. É por iso que na xornada do martes 28 de xullo, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou unha listaxe provisional con 29 puntos dende onde non estará permitido ver o fenómeno astronómico do ano por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade. A información, trasladada pola Xunta de Galicia a partir da información facilitada polos concellos, aínda pode sufrir modificacións ata o propio día da eclipse. Así, o mapa interactivo elaborado por GCiencia permite coñecer a ubicación exacta destas zonas restrinxidas para a observación.

Lugo convértese na provincia con máis limitacións, con 17 ubicacións sinaladas polo Goberno, acumuladas na zona da Mariña. Entre os lugares sinalados está a ruta do Fuciño do Porco (O Vicedo), dotada dunhas impresionantes vistas ao horizonte do mar Cantábrico e Océano Atlántico. Séguea A Coruña, con oito enclaves restrinxidos, entre os que destacan a Torre de Hércules e a praia de Carnota, a fin de preservar o seu valor patrimonial e natural. Mentres, a provincia de Pontevedra só conta con tres lugares na lista e Ourense con un: a pista de montaña do miradoiro de San Martín (A Rúa).

Publicidade

Con todo, a Xunta xa validou 85 puntos de observación, que poderán ir aumentando nos próximos días conforme sexan revisados e trasladados á Secretaría de Estado de Seguridade. Neste contexto, os sitios tamén se reparten entre as catro provincias: 33 na Coruña, 31 en Lugo, 15 en Pontevedra e seis en Ourense.

Lista dos lugares dende onde non se poderá ver a eclipse

Lugo

—Castelo de Castro de Ouro (Alfoz)

—A Anguieira (Barreiros)

—Monte Comado (Barreiros)

—Monte Corneria (Barreiros)

—Monte Penabor (Barreiros)

—Santo Estevo do Ermo (Barreiros)

—Explanada do Parque dos Condes (Monforte de Lemos)

—Miradoiro de Tixoso

—Miradoiro das Laxes

—Miradoiro de Moreiras

—Ponte de pedra sobre o río Sor

—Ponte do Porto

—Fuciño do Porco (O Vicedo)

—Zona próxima á Ermida de San Marcos

—Cantís de Papel (Xove)

—Punta da Mansa (Xove)

—Faro Roncadoiro (Xove)

A Coruña

—Torre de Hércules (A Coruña)

—Illas de San Pedro (A Coruña)

—Furnas de Oleiros

—Pedrido (Bergondo)

—Monte Pindo (Carnota)

—Praia de Carnota

—Miradoiro de Cabana

—A Berberecheira (Carnota)

Pontevedra

—Xestoso

—Fervenza do Toxa (Silleda)

—Monte da Guía

Ourense

—Pista de montaña do miradoiro de San Martín (A Rúa)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona