Pontevedra prepárase para a eclipse de agosto cunha rede de observación integrada por 42 concellos

O proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’ impulsa o astroturismo e promove espazos organizados para seguir o fenómeno astronómico do ano

Queda menos dun mes para poder vivir o fenómeno astronómico do ano: a eclipse total de Sol do 12 de agosto. Baixo este paraugas, a Deputación de Pontevedra traballa dende hai meses no proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’, unha iniciativa coa que a institución aspira a transformar a eclipse solar total do vindeiro 12 de agosto nunha experiencia turística “organizada e de calidade” na provincia. Así, a proposta contempla a creación dunha rede de puntos de observación integrada por 42 concellos, onde están aqueles onde se poderá gozar dunha visualización dende o 100%, así como outros nos que a observación acadará ata un 99% de ocultación.

Destaca especialmente a zona interior do Deza, un territorio privilexiado para a observación do eclipse solar total, ao concentrar os concellos nos que se acadará o 100% da totalidade. Estes enclaves ofrecen condicións óptimas para vivir o fenómeno, converténdose en puntos de referencia dentro da rede de observación impulsada co proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’, dende os momentos previos ao ocultamento ata a aparición da coroa solar durante a fase de totalidade

Publicidade

Momentos de preparación

Nos vindeiros días está previsto que os concellos integrados na rede reciban un kit de material composto por lentes homologadas, mapas provinciais e dípticos con información relevante de interese. Ademais, cómpre destacar que xa se organizaron dúas xornadas de divulgación de astroturismo, dirixidas a empresas do sector turístico e ao persoal técnico de turismo da provincia de Pontevedra.

A primeira xornada, celebrada o 20 de abril no Palacete das Mendoza, tivo como obxectivo principal ofrecer ás empresas turísticas información esencial sobre a eclipse solar, capacitándoas para organizar actividades seguras e divulgativas. Nesta sesión destacou o papel das empresas na planificación de observacións dnos seus propios establecementos, evitando concentracións masivas de persoas en puntos turísticos e mellorando a experiencia tanto dos visitantes como da comunidade local, garantindo un fluxo turístico sostible e equilibrado.

Publicidade

A segunda xornada, celebrada o 30 de abril en Forcarei, estivo dirixida soamente ao persoal técnico de turismo da provincia. Nesta sesión abordouse a importancia das certificacións Starlight, a loita contra a contaminación luminosa e o fomento do turismo astronómico, aproveitando a oportunidade que ofreceu o eclipse para sensibilizar sobre a conservación do ceo nocturno.

Ambas xornadas contaron coa participación da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, entidade de prestixio no ámbito da astronomía que combina rigor científico e divulgación.

Consolidación do astroturismo

Máis alá da propia eclipse, a Deputación quere consolidar unha oferta estable vinculada ao astroturismo. Así, estase a traballar para que enclaves patrimoniais como o Castelo de Soutomaior e o Castelo de Sobroso obteñan a certificación Starlight, un recoñecemento á calidade do ceo nocturno e ao compromiso coa súa protección. Esta certificación suporá unha oportunidade para reforzar o valor destes espazos, impulsando novas iniciativas relacionadas coa observación astronómica e promovendo un modelo de turismo sostible ligado ao patrimonio natural e cultural da provincia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado

As claves da NASA para observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto

Galicia será un dos territorios europeos privilexiados para contemplar o fenómeno astronómico do ano a causa do paso da banda de totalidade polo territorio

Sicixia, emersión, umbra: estas son algunhas das palabras que debes coñecer antes da eclipse

O Servizo de Normalización Lingüística da USC publica unha listaxe de 88 termos relacionados co fenómeno astronómico

Así evoluciona o tempo en Galicia antes da eclipse: ceos máis despexados no interior e incerteza no norte

O litoral norte da Coruña e A Mariña concentran as dúbidas pola posible presenza de nubes baixas, mentres o resto da comunidade presenta unha situación favorable