Ampliado ata o 11 de setembro o plazo para presentar candidaturas aos Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns chegan a súa décima edición consolidados como referente no recoñecemento da transferencia xurdida do ecosistema universitario galego

A organización dos Premios GCiencia Galicia Spin-Off decidiu ampliar ata o 11 de setembro o prazo de presentación de candidaturas da súa décima edición. A medida afecta ás categorías de Idea Emerxente e Grupo de Investigación, co obxectivo de facilitar a participación de empresas e equipos investigadores vinculados ao ecosistema universitario galego.

Na categoría Idea Emerxente poden presentar candidatura empresas que irrompesen nos últimos 24 meses cunha idea de marcado carácter innovador, baseadas na investigación e cunha especial vinculación co ámbito universitario. Pola súa banda, a categoría Grupo de Investigación está dirixida a grupos formalmente constituídos e activos nas universidades galegas e noutras institucións de investigación recollidas nas bases da convocatoria. A categoría Selo de Calidade, que recoñece a traxectoria consolidada dunha empresa, é proposta exclusivamente polo xurado e non admite candidaturas.

Publicidade

Os Premios GCiencia Galicia Spin-Off celebran este ano a súa décima edición, consolidados como un referente no recoñecemento da transferencia de coñecemento, o emprendemento científico e a innovación xurdida do ecosistema universitario galego. Desde a súa creación distinguiron empresas e grupos de investigación que destacan pola súa capacidade para transformar o coñecemento en impacto económico e social.

A ampliación do prazo permitirá ás entidades interesadas dispoñer de máis tempo para preparar a documentación e presentar candidaturas que reflictan adecuadamente a súa traxectoria, os seus logros e o seu potencial innovador.

Publicidade


As bases da convocatoria e toda a información sobre o proceso de presentación de candidaturas poden consultarse aquí.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona