Cales son os mellores puntos para observar a eclipse de Sol na Coruña? Coñéceos neste novo visor

Trátase dunha ferramenta pública con 46 localizacións recomendadas para planificar mellor a experiencia astronómica do 12 de agosto

A Coruña é unha das dúas provincias coa meirande parte do seu territorio dentro da banda de totalidade da eclipse de Sol do vindeiro 12 de agosto. Así, coincidindo cos días xemelgos da eclipse, que permiten facer un ensaio da visibilidade entre o 29 de abril e o 1 de maio, o Concello da Coruña anuncia dous visores interactivos para permitir á cidadanía orientarse e escoller con antelación os mellores puntos de observación.

A iniciativa trata de evitar desprazamentos masivos pola cidade, sobre todo en zonas que estarán moi saturadas no momento da eclipse. Os mapas, de uso público, permiten comprobar as zonas de sombra e o punto exacto no que se situará o astro no momento da eclipse.

Publicidade

Así, o visor recolle 46 puntos de potencialidade para a observación da eclipse: o Parque de Eirís, San Amaro ou a ladeira sur do Parque de Bens convértense nalgunhas das localizacións protagonistas do evento. Ao seleccionar cada un destes enclaves no mapa, no lado dereito da pantalla aparece un visor en forma de imaxe para poder coñecer a visibilidade da zona.

  • Imaxe do visor en San Amaro extraída da app do Concello da Coruña.
  • Imaxe do visor na ladeira sur do Parque de Bens extraída da app do Concello da Coruña.

Factores que poden impedir a visibilidade

O principal problema para observar a eclipse adoitan ser os obstáculos, e máis aínda cando a posición do Sol no día da eclipse prevese moi baixa no oeste, entre os 11-12o, polo que só se verá visible na súa totalidade en enclaves con este horizonte despexado. Ademais do releve natural, como as serras do Barbanza ou do Courel, os problemas tamén veñen de edificios ou monumentos que poden impedir a clara visibilidade.

Publicidade

Por outra banda, hai un dato moi interesante a ter en conta en Galicia: a nubosidade histórica. Representa a frecuencia coa que o ceo estivo nubrado ao longo do tempo no momento no que se vai producir a eclipse. A Coruña ten un 25% de posibilidades de sufrir as consecuencias da presenza de nubes no ceo, pero a posibilidade de ver a eclipse redúcese na meirande parte de Lugo, afectada por cifras do 20 ao 45%.


Podes consultar o mapa interactivo na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

Sete segundos de escuridade

Unha experiencia máis sobre a eclipse total do 12 de agosto, escrita por unha xornalista de GCiencia. Por Andrea Veiga

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns