Un ensaio antes da grande eclipse: a coincidencia astronómica que anticipa en Galicia o evento do ano

O fenómeno coñecido como "día xemelgo" permitirá comprobar o 30 de abril a mellor localización para seguir a banda de totalidade sen obstáculos

O 12 de agosto, Galicia mergullarase na escuridade arredor das 20:30 horas debido á banda de totalidade da eclipse total de Sol que poderá verse dende a comunidade. Trátase dunha experiencia que, sen moverse do lugar de residencia, adoita pasar unha vez cada tres séculos. Por iso, é un acontecemento que convén planificar con antelación, xa que un edificio ou mesmo unhas árbores poden arruinar a observación. Neste contexto, unha coincidencia astronómica coñecida como o “día xemelgo da eclipse” permitirá facer un ensaio previo o 30 de abril grazas á inclinación da Terra.

Dende o perfil de @trioeclipses na rede social X, que informa sobre os fenómenos astronómicos previstos en Galicia nos próximos anos, explican que, debido á simetría da órbita terrestre, o Sol describe exactamente o mesmo arco no ceo en dúas datas distintas do ano que se atopan á mesma distacia do solsticio. Eses días serán o 30 abril e o 12 de agosto. Así, arredor das 20:25 horas, o astro ocupará unha posición moi similar á que terá o día da eclipse, coa mesma altura e seguindo o mesmo percorrido.

Publicidade

O fenómeno astronómico producirase moi preto do horizonte, algo pouco habitual nas eclipses totais. O Sol estará apenas a uns poucos graos de altura cando chegue a totalidade, polo que calquera obstáculo podería estragar a observación. Por iso, este “día xemelgo da eclipse” convértese nunha ferramenta útil para planificar onde velo. Se non é posible facer a proba este mércores, tamén se obterán datos moi semellantes dous días antes —o 28 de abril— ou dous días despois —2 de maio—. Se o Sol é visible dende o lugar escollido, haberá vía libre; senón, talvez sexa o momento de buscar un plan B.

O Colexio Oficial de Ópticos Optometristas de Galicia considera o 30 de abril un momento ideal para probar as lentes de eclipse, fundamentais para visualizar correctamente e con seguridade o fenómeno de agosto. Con todo, non fan falta nin telescopios nin instrumentos complexos: abonda con estar presente.

Publicidade

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado

As claves da NASA para observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto

Galicia será un dos territorios europeos privilexiados para contemplar o fenómeno astronómico do ano a causa do paso da banda de totalidade polo territorio

Sicixia, emersión, umbra: estas son algunhas das palabras que debes coñecer antes da eclipse

O Servizo de Normalización Lingüística da USC publica unha listaxe de 88 termos relacionados co fenómeno astronómico

Así evoluciona o tempo en Galicia antes da eclipse: ceos máis despexados no interior e incerteza no norte

O litoral norte da Coruña e A Mariña concentran as dúbidas pola posible presenza de nubes baixas, mentres o resto da comunidade presenta unha situación favorable