Dúas dinas axitan o tempo en Galicia e causarán treboadas e un brusco descenso das temperaturas

Meteogalicia activa a alerta amarela na comunidade ata o mércores por mor das tormentas e os fortes ventos

A última semana de abril arranca cos termómetros acadando máximas superiores a 20 graos en varios puntos de Galicia, unha temperatura anormalmente elevada para esta época e que vén acompañada de po en suspensión. A partir deste martes está previsto un descenso nas temperaturas das catro provincias da comunidade. A formación de dúas dinas enmarcando a península, unha delas rozando a costa norte galega, aumentará a inestabilidade meteorolóxica, que se manterá ata o comezo de maio.

O avance dos días irá acompañado por tormentas. De feito, hai alertas amarelas activas por treboadas en Ourense entre o luns e o mércores e, a partir do mércores, tamén en Lugo. Os avisos por ventos fortes manteranse ata o martes na costa norte. Estas treboadas terán especial incidencia en zonas montañosas de Lugo e Ourense e veranse influenciadas polos cambios no chorro polar: trátase de correntes de aire que nacen do contraste entre o aire frío e o ambiente cálido. Como informa Meteored, o chorro polar será moi ondulado e fragmentado, o que potenciará a inestabilidade da segunda metade da semana.

Publicidade

O mércores será o día con maior incerteza: os cumulonimbos —formacións nubosas densas con desenvolvemento vertical— deixarán tormentas e precipitacións localmente intensas, acompañadas de saraiba e fortes ventos que afectarán múltiples puntos do interior de Galicia.

A inestabilidade pronunciarase pola presenza dun anticiclón situado entre as illas británicas e Escandinavia, pois favorecerá o descenso do aire frío. Neste contexto, formaranse dúas dinas (depresións illadas en niveis altos) que flanquearán a península polo norte, rozando a Mariña lucense, e o oeste.

Publicidade

Maio entra con inestabilidade

Prevese que a ponte de maio chegue con precipitacións que terán especial incidencia no noroeste e se asentarán entre o venres e o sábado. Para o venres 1 de maio, festivo nacional, Galicia atoparase baixo unha vagada —unha ondulación latitudinal descendente— que propiciará novas treboadas localmente intensas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

De Flora a Rafael: estes serán os nomes das próximas borrascas que afecten a península

A Aemet presenta a lista para a época de temporais que comeza o 1 de setembro, e que se reservarán para os episodios meteorolóxicos de alto impacto

Anatomía da borrasca que regará Galicia e derrubará as temperaturas: “Formouse a latitudes excepcionais”

O descenso das temperaturas será máis pronunciado en zonas do interior de Lugo e Ourense, sobre todo na Ribeira Sacra, o Miño, Valdeorras e Verín