Artigos máis recentes de

Andrea Veiga

Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

Radiografía do incendio de Larouco: un cóctel devastador de moito vento e pendentes

O experto Juan Picos alerta de que a combinación de factores metereolóxicos e topográficos acelerou a propagación do maior lume de Galicia

Copernicus multiplica as cifras oficiais: máis de 156.000 hectáreas queimadas fronte ás 88.300 da Xunta

O satélite europeo contabiliza 148.494 hectáreas queimadas só en Ourense dende o 8 de agosto, unha cifra que supera por si soa ao total comunicado pola administración galega

A Xunta eleva a 30.000 as hectáreas arrasadas polo incendio de Larouco

O último balance de Medio Rural suma 10.000 hectáreas ao maior lume rexistrado nunca en Galicia, sen que haxa constancia de que aumentase a súa virulencia

Os incendios de Galicia saltan ás portadas da prensa internacional

A magnitude histórica dos lumes galegos, con máis de 76.500 hectáreas arrasadas, está a xerar unha ampla cobertura en xornais europeos e estadounidenses, que alertan do seu impacto ambiental, social e climático

Catro grandes lumes arrasan o 8,6% da provincia de Ourense

A superficie calcinada en Galicia supera xa as 76.500 hectáreas, que equivale ao 2,56% do territorio

2006, 2017, 2022 e 2025: as vagas de incendios máis devastadoras do século XXI en Galicia

Tras un bienio de relativa calma, as chamas dos lumes de Ourense superan os rexistros e levan o Goberno a declarar zonas catastróficas

Os lumes disparan a contaminación do aire ata niveis 10 veces superiores aos recomendados pola OMS

As medicións son tan alarmantes que respirar o aire no Barco de Valdeorras equivale a fumar arredor de nove cigarros ao día

Estes son os 5 espazos naturais galegos máis afectados pola vaga de incendios

Os lumes que arrasan a comunidade, sobre todo en Ourense, ameazan a diversidade e as paisaxes emblemáticas do Invernadeiro, Pena Trevinca e O Courel

Balance dunha fin de semana catastrófica: o lume xa arrasa máis de 62.000 hectáreas en Ourense

A provincia convértese no epicentro do maior desastre forestal da historia de Galicia, cun 8,5% da superficie da rexión devastada

As chamas arrasan Galicia con 22.000 hectáreas queimadas en menos dunha semana

O concello ourensán de Chandrexa de Queixa acumula unha superficie afectada de 9.500 ha dende o 8 de agosto, mentres que nos primeiros quince días do mes se concentrou a maior parte das áreas calcinadas en Galicia
394 Articles written