Artigos máis recentes de

Andrea Veiga

Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

As chamas arrasan Galicia con 22.000 hectáreas queimadas en menos dunha semana

O concello ourensán de Chandrexa de Queixa acumula unha superficie afectada de 9.500 ha dende o 8 de agosto, mentres que nos primeiros quince días do mes se concentrou a maior parte das áreas calcinadas en Galicia

Juan Picos: “Estamos diante dos incendios máis grandes dos que imos ter rexistros”

A provincia de Ourense enfróntase a unha vaga de lumes sen precedentes recentes, con focos en Chandrexa de Queixa e Maceda, impulsados pola seca extrema, o vento do nordés e a acumulación de combustible

Das bolichas á cucaña: cultura galega a través dos seus xogos tradicionais

O Consello da Cultura Galega impulsa a recuperación e difusión de máis de 100 tradicións lúdicas, organizadas por idade, finalidade e categoría, dispoñibles en formato web e aplicación móbil

Galicia deixa atrás a alerta máxima despois de rexistrar 43 graos en Lugo

As Rías Baixas quedan libres de perigo segundo o Ministerio de Sanidad por primeira vez en máis dunha semana, nun mapa amosa a cor amarela na maior parte do territorio

Unha nova xoia para Galicia: así apareceu o primeiro exemplar de ‘Lamprodila festiva’

O escaravello, localizado no barrio vigués de Teis durante a revisión dun ciprés, é habitual do Mediterráneo e ata agora non figuraba no catálogo de especies galegas

Conta atrás para as Perseidas: que actividades hai en Galicia para a noite máxica do verán?

Os concellos galegos poñen en marcha programas e encontros o 12 de agosto para facilitar a observación das estrelas durante o pico de actividade das Bágoas de San Lourenzo

Que comen os centenarios de Ourense? Un estudo analiza a dieta atlántica para entender a lonxevidade

Un equipo galego valora os hábitos nutricionais de 156 maiores da provincia cuxo modelo de consumo coincide co patrón nutricional propio do sur de Europa, baseado nos produtos frescos e a escaseza de ultraprocesados

Non só hai carabelas portuguesas: estas son as medusas que podes atopar este verán nas praias galegas

A presenza de diferentes especies de augamares en Galicia aumenta cada ano, cunha distribución que abrangue boa parte do litoral, con especial incidencia na Mariña lucense

Cando o cólera atacou Ourense: a última epidemia biolóxica do século XIX

En 1885, a chegada dos segadores dende Castela trouxo a enfermidade á provincia galega, activando unha rede de lazaretos e medidas de control na fronteira

O sur de Galicia esperta dunha noite tropical con temperaturas por riba dos 28 graos

Corrubedo, Marín e Pontevedra rexistraron mínimas de ata 30 graos ás once da noite do domingo, impulsadas pola masa de aire cálida africana e a ausencia de vento nocturno
395 Articles written