A Xunta eleva a 30.000 as hectáreas arrasadas polo incendio de Larouco

O último balance de Medio Rural suma 10.000 hectáreas ao maior lume rexistrado nunca en Galicia, sen que haxa constancia de que aumentase a súa virulencia

O último balance da Consellería do Medio Rural contabiliza seis focos que continúan activos. O máis preocupante segue a ser o de Larouco-Seadur, que comezou o mércores 13 de agosto e acumula unha gran superficie queimada: en apenas 12 horas (entre as 8:30 e as 20:30 horas), coincidindo cos dous últimos partes da Xunta de Galicia, o balance incrementouse en 10.000 hectáreas máis, ata alcanza un total de 30.000. Non hai constancia de que o lume fose máis virulento durante o mércores. O incremento no cómputo global podería deberse a unha maior precisión na medición da superficie queimada. De feito, o satélite europeo Copernicus estima que o lume de Larouco calcinou máis de 33.000 hectáreas.

Aínda que as cifras do incendio do leste ourensán son dramáticas, os outros tres grandes focos non quedan atrás. O incendio que afecta a Chandrexa de Queixa e Vilariño aumenta en 1.000 hectáreas respecto ao avance da mañá, con 19.000 afectadas. Mentres, Oímbra pasa de 15.000 a 17.000 hectáreas, e o incendio da Mezquita mantense nunha cifra estimada de 10.000.

Publicidade

O incendio de Vilardevós-Moialde, un dos focos activos durante a mañá, foi estabilizado ás 20:22 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta arredor de 600 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 4 técnicos, 25 axentes, 36 brigadas, 21 motobombas, 3 palas, 10 helicópteros e 6 avións.

A situación continúa a ser crítica, con catro grandes focos concentrados en Ourense que xa levan queimadas 76.000 hectáreas, e os avances chegan en pequenos pasos.

Publicidade

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas