Raio de esperanza contra o lume: chega unha masa de aire húmido a Galicia

Meteogalicia prognostica chuvias febles e baixada de temperaturas nalgunhas das zonas máis afectadas polos incendios

Máis de 70.000 hectáreas arrasadas nunha das vagas de incendios máis devastadoras da historia de Galicia. Con sete lumes aínda activos en Ourense, e o foco imparable de Larouco con 20.000 hectáreas calcinadas, as previsións meteorolóxicas de cara aos próximos días ofrecen un raio de esperanza. Segundo o prognóstico de Meteogalicia, agárdanse chuvia febles e unha baixada de temperaturas para as próximas xornadas. A principal responsable será unha baixa sobre Francia, que achegará humidade ao noroeste.

Este martes agárdanse chuvias febles en boas partes do territorio, sobre todo no interior da metade norte e en zonas altas. Aínda que non semella que serán suficientes para extinguir os lumes, si axudarán no incansable traballo dos efectivos de emerxencia e dos voluntarios. En concreto, nas montañas de Lugo e Ourense, onde hai varios incendios devastando enclaves naturais e aldeas. As temperaturas rexistrarán un lixeiro descenso ao longo do día, que se prolongará nas vindeiras xornadas.

Publicidade

O anticiclón volve na fin de semana

A masa de aire húmida procedente de Francia continuará favorecendo os traballos de extinción durante o mércores. De novo, espéranse chuvascos febles na metade norte e no interior da comunidade, incluíndo a metade sur de Lugo, outra das zonas máis afectadas polos lumes. As máximas continuarán por debaixo dos 30 graos o xoves, cunha situación semellante á de días anteriores: Galicia estará situada nunha zona intermedia entre as baixas e as altas presións. Agárdanse chuvascos ocasionais, máis probables canto máis ao norte.

O anticiclón volve coller forza en Galicia o venres, cando se esperan temperaturas por enriba dos 30 graos en Pontevedra e nas Rías Baixas. Haberá tempo solleiro e non hai previsión de chuvia. Non obstante, as baixas presións predominarán a partir do domingo, cunha alta probabilidade de precipitacións en moitos puntos da xeografía. As temperaturas non experimentarán cambios significativos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta