Universidade

Volve ‘Regueifas de Ciencia’ cun debate sobre o cannabis

O encontro celebrarase o xoves 20 de abril ás 19.30h na Facultade de Comunicación da USC, con entrada libre ata completar aforo

Unha tese identifica as fontes de humidade dos ciclóns tropicais

Un dos principais riscos deste fenómeno son as precipitacións intensas, que poden ocasionar inundacións e deslizamentos de terra

Un equipo da USC avanza no control da condutividade térmica dos cristais líquidos

O traballo elaborado polo CiQUS acaba de ser destacado na portada da revista Journal of Materials Chemistry C

O incremento das restricións por covid reduciu a transmisión nun 22% á semana

O estudo con participación galega recompila información sobre todas as medidas impostas entre setembro de 2020 e maio de 2021

Unha iniciativa da USC promove o uso da auga termal para tratar a covid persistente

“A saúde é o que importa” é un ciclo que busca difundir entre a sociedade o valor terapéutico da balneoterapia

A UVigo envórcase coa divulgación coa feria ‘A ciencia que vén ten nome de muller’

As actividades celebraranse o 21 de abril na praza do Berbés, o edificio Redeiras e o Instituto Marítimo Pesqueiro

Dous equipos da USC avanzan na formulación de vacinas para peixes planos

Os investigadores tratan de dar solución ás doenzas que afectan o linguado e o rodaballo e causan altas mortalidades nas súas poboacións

A UVigo investiga os microorganismos do trigo para mellorar a nosa dieta

O proxecto europeo Wheatbiome quere desentrañar o seu potencial para o desenvolvemento de alimentos e pensos máis sans e sostibles

Investigadores da USC afondan nos polímeros helicoidais

A súa aproximación, publicada en Nature, permite determinar en disolución a maneira na que afectará as súas potenciais aplicacións

O comportamento humano altérase de xeito notorio en grupos de máis de 180 persoas

Unha nova análise matemática permite comprender como cambiará unha empresa ou unha rexión por medrar de tamaño

A USC estuda a contaminación derivada do uso de antibióticos en animais

A investigación realizará un diagnóstico das concentracións destes compostos de uso veterinario en xurros, solos e cultivos

Unha nova calculadora científica inclúe por primeira vez o galego na súa configuración

Nun acto celebrado na USC tamén se anunciou a incorporación da imaxe da galega Ana Freire á colección #científicasCASIO

A UDC celebrou unha competición de ciberseguridade para promover o interese na disciplina

Participaron un total de 119 estudantes de toda España, algúns en modalidade virtual e outros dende as Universidades da Coruña e de Vigo

O uso de redes sociais está relacionado co desenvolvemento de trastornos da conduta alimentaria

O estudo apunta que o 90% das persoas afectadas son mulleres e que é necesario impulsar a prevención na adolescencia

O uso de caucho reciclado: unha tese da USC sinala os riscos para a saúde e o medio ambiente

A investigación demostra que o contido químico dos pneumáticos triturados e reutilizados poden contaminar a auga e o aire

Que responsabilidade teñen os concellos galegos ante o cambio climático?

Un equipo da UVigo comunicará aos municipios cando deberían alcanzar a neutralidade nas súas emisións de CO2