Investigadores da USC afondan nos polímeros helicoidais

A súa aproximación, publicada en Nature, permite determinar en disolución a maneira na que afectará as súas potenciais aplicacións

Para a comunidade científica, os polímeros helicoidais son especialmente interesantes polas propiedades que presentan e pola funcionalidade que lle outorga a súa singular estrutura. Existen tramos específicos ao longo da cadea onde a hélice cambia de dirección, e que resultan particularmente difíciles de identificar en disolución. Empregando métodos fotoquímicos, investigadores do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela conseguiron determinar non só a presenza destes xiros reversos en disolución senón tamén estimar o grao de pregamento do polímero.

Os resultados acaban de ser publicados en Nature Communications. Moitas das funcións desempeñadas por proteínas, péptidos ou ADN veñen determinadas pola forma tridimensional que adoptan estas biomoléculas. Nos polímeros helicoidais, uns materiais de gran interese científico para a síntese química ou a purificación de compostos, esta relación entre estrutura e función tamén condiciona as súas distintas aplicacións. Coñecer o grao de pregamento destes polímeros en disolución resulta útil para determinar se é correcto ou deficiente, e como isto pode afectar ás súas potenciais aplicacións: “A maior limitación á hora de traballar con este tipo de macromoléculas é a determinación do grao de pregamento que teñen. É dicir, saber se todo o material estea encartado como hélice, ou se outra parte do material non” explica o Félix Freire, coautor do estudo e Investigador Principal do CiQUS.

Publicidade

“Ademais, o que as hélices viren completamente cara á dereita ou a esquerda é determinante para determinar a relación estrutura-función destes materiais. Ata o momento, no campo dos polímeros helicoidais non existen técnicas que permitan cuantificar o pregamento dun polímero e por tanto establecer unha relación estrutura-función de maneira racional”. Neste traballo, o equipo do CiQUS liderado polos profesores Félix Freire e Emilio Quiñoá desenvolveu unha metodoloxía para poder cuantificar o pregamento dos polímeros e por tanto saber se a función que desempeña o material en base á súa estrutura é mellorable ou non. A través dun proceso de electrociclación fotoquímica, o traballo realizado polos doutores Francisco Rey e Rafael Rodríguez consistiu en despregar o material para ver como se atopaba encartado. Unha aproximación diferente e nova, que permite por primeira vez determinar se un polímero helicoidal está ben encartado ou non.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Como de sostibles son os bioplásticos?

Trátase dunha nova alternativa aos plásticos convencionais, fabricados con menos enerxía e biodegradables mediante compostaxe